O Parlamento galego solicita incluír ás mulleres que padecen o asasinato dos seus fillos por parte dun maltratador entre as beneficiarias das prestacións como vítimas de violencia de xénero

19 Dic 2018
Santiago, 19 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o  Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que solicita que a Xunta inclúa o vindeiro ano como beneficiarias das prestacións periódicas para mulleres que sofren violencia de xénero aquelas que padecen o asasinato dos seus fillos por parte do maltratador.
 
 
 
Así mesmo, demándase a creación dun novo tramo de mulleres vítimas de violencia beneficiadas das prestacións para aquelas con ingresos ata dúas veces o IPREM, que recibirán un mínimo de 200 euros.
 
 

 

A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, salientou que “Galicia é referente no eido lexislativo, de recursos, de prevención, na asistencia e nas axudas” ás vítimas de violencia de xénero, polo que avogou porque “sexamos a primeira comunidade autónoma de España en dotar dun gran pacto de todas as forzas políticas contra a violencia de xénero”.
 

 

 

MODELO REFERENTE
 
 

 

Coa iniciativa aprobada hoxe, solicítase que sexan beneficiarias das axudas da Xunta para vítimas de violencia de xénero aquelas mulleres que padeceron violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa con resultado de morte, por ser este o dano máis extremo que pode exercer o maltratador cara a unha muller: asasinar aos fillos.
 
 

 

Así mesmo, demándase a creación dun novo tramo para a concesión das axudas que inclúa aquelas mulleres con renda ata dúas veces o IPREM (1075,68 euros), engadindo a contía a percibir as posibles situacións complementarias que presenten, como menores a cargo, discapacidade ou dependencia. O punto de partida da axuda para estas mulleres será de 200 euros.
 
 


Marián García Míguez salientou que “non debemos ter en Galicia un modelo tan paupérrimo nin tan necesitado dun incremento económico directo para as vítimas de violencia de xénero cando a proposta remitida por unanimidade de todos os grupos para a súa inclusión no Pacto de Estado contra a violencia machista é a que xa se está a aplicar nesta comunidade autónoma”.

Síguenos nas redes sociais