Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado: "O PPdeG non busca candidatos entre os que non serven para outros partidos, porque só nos valen os mellores"

09 Ene 2019

9, xaneiro, 2019.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que os populares non buscan candidatos entre os que non serven para outros partidos “porque só nos valen os mellores"; admitindo que, nos tempos que corren na política, é importante aclarar “o que somos e o que non”.

 

Nese senso, subliñou tamén que “non somos unha moda; non somos un partido de cabreados, xa vimos en 2015 que deixarnos levar polo enfado á hora de votar non leva a nada; non somos un partido de laboratorio, no que só se pode ser candidato se es alto e guapo; e non somos un partido que naceu nas tertulias da televisión, senón do traballo diario de miles de persoas que deron a vida polas nosas siglas”.

 

Igualmente, expresou que non son unha incógnita: “Levamos aquí 40 anos, cos nosos defectos e as nosas virtudes”, dixo salientando que son a formación política que sacou a España de todas as crises nas que nos meteron os socialistas; a do crecemento económico, da creación de emprego e da mellora dos servizos públicos; a única que sabe perfectamente que non é incompatible sentirse galegos e españois; e a que é a casa de todos os votantes de centro-dereita.

 

“Ninguén vai atopar ao Partido Popular fóra do Partido Popular, por moito que intenten dicir que queren ser coma nós. Por iso, cada voto de centro-dereita que non vaia ao PP é un voto que servirá para que goberne a esquerda”, insistiu o número dous dos populares galegos.

 

OS PERIGOS DE APOIAR Á ESQUERDA

Ademais, Miguel Tellado considera que apoiar ao PSOE de Pedro Sánchez "supón comezar a meternos na vindeira crise económica", algo que non se debe permitir “nin sequera desde os concellos”. Por isto, aseverou que votar aos socialistas nas vindeiras municipais é apoiar os despropósitos do presidente do Goberno.

 

Como lembrou, en seis meses, o único que fixo Sánchez foi desprezar a Galicia, sendo o presidente do dieselazo, das subidas masivas de impostos, dos ministros acosados polos escándalos e o que se ri de todos os españois cando di que os seus viaxes de pracer no avión oficial nos custan 280 euros.

 

Así mesmo, indicou que a alternativa na esquerda é aínda peor, porque o Bloque vai ir ás eleccións europeas coligado con Esquerra e Bildu. “O Bloque dinos que o seu modelo de sociedade é o da confrontación do independentismo vasco e catalán, que queren obrigar aos galegos a ver papeletas co nome de políticos que están no cárcere por intentar dar un golpe de estado e que queren que os galegos contribúan a facer eurodeputado a Arnaldo Otegi”, engadiu apuntando que, se os veciños queren ser gobernados por un proxecto serio, rigoroso, moderado e que pense na maioría dos veciños, só poden confiar no PP.

 

BURELA TEN QUE ESTAR COS POPULARES

Durante a presentación do candidato do PP á Alcaldía de Burela, Manuel Rouco, que tamén contou coa participación da presidenta provincial, Elena Candia; o secretario xeral recordou que neste municipio, nas últimas eleccións autonómicas, os populares lograron case o 50% dos votos. Por este motivo, explicou que hai máis de 2.000 persoas que están dispostas a votar ao seu partido e que están buscando un motivo para votarlles, polo que a súa obriga é “darlles todos os que temos, que son moitos”.

 

“Entre todos, se imos a cada un deses máis de 2.000 veciños e logramos que nos volvan votar, non teñades ningunha dúbida de que Manuel Rouco, coa axuda de todos vós, será o novo alcalde de Burela”, concluíu.

Síguenos nas redes sociais