Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG defende que a Xunta continúe e axilice o proceso de negociación cos traballadores para chegar a un acordo nas urxencias do Hospital de Santiago

30 Ene 2019
Santiago, 30 de xaneiro de 2019.-  A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta continúe e axilice o proceso de negociación cos traballadores do servizo de urxencias do Hospital de Santiago de xeito que permita chegar a un pronto acordo e poñer fin á folga neste servizo.
 
 
“Se algo ten demostrado o Goberno galego e o PPdeG é que con quen quere construír e mellorar a nosa sanidade pública sempre estaremos dispostos a falar, negociar e chegar a acordos, como se fixo cos sindicatos coa carreira profesional e co novo contrato de estabilidade, cos grupos de traballo para a mellora da atención primaria, e agardamos poder facelo tamén co comité de folga do Hospital de Santiago”, indicou.
 
 

 

“Esperamos e desexamos que no día de hoxe se chegue a ese tan esperado acordo entre a Xerencia Sanitaria de Santiago e os traballadores para poñer fin á folga nas urxencias do Hospital compostelán, logo de que no día de onte coñecemos que a última proposta realizada polo SERGAS era valorada de maneira positiva polos traballadores”, dixo Encarna Amigo.
 
 

 

CONTAR A VERDADE
 
 

 

A deputada popular demandou aos grupos da oposición “contar toda a verdade, porque a espera media cumpre perfectamente os estándares establecidos polo sistema de selección de Manchester en función do nivel de urxencia asignado”. “Non se pode alarmar, porque neste e outros procesos relacionados coa sanidade vértense moitos ríos de tinta con inexactitudes e sen criterio, que poñen en dúbida e cuestionan a sanidade que temos”.
 
 


“Hai que deixar claro que se a demanda de atención sanitaria é moi alta, refórzase con máis persoal de acordo coas necesidades, ao tempo que o persoal de profesionais ten unha dimensión adecuada para atender a demanda”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais