Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Pleno do Parlamento demanda ás administracións competentes que remitan toda a documentación sobre o festival do Marisquiño de Vigo

30 Ene 2019
Santiago, 30 de xaneiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia para que se dirixa ás administracións competentes para que fagan pública toda a documentación pertinente, así como os informes en virtude dos cales se deu a autorización para a celebración do festival do Marisquiño en Vigo o pasado día 12 de agosto en Vigo, a fin de que se garanta a transparencia das actuacións das administracións dentro das súas respectivas competencias e favorecer o esclarecemento do ocorrido neste terrible accidente.
 
 
 
O deputado popular Alberto Pazos puxo de manifesto que “a abstención nesta iniciativa tanto de En Marea como do BNG, as dúas formacións que impulsaron a creación da comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño, reflexa o seu nulo interese por coñecer a verdade do que aconteceu e que só se moven conseguir uns réditos puntuais partidistas”.
 

 

 

O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos subliñou que “cando durante un evento que debería ter licencia municipal o chan se afunde baixo os pes de 467 persoas, o mínimo que se pode ofrecer aos afectados e aos cidadáns é unha explicación”, polo que “cando se falta a unha obriga tan básica coma esta, se lle esta faltando ao respecto aos cidadáns, e especialmente aos afectados”.
 

 

 

NEGATIVA DO CONCELLO A DAR EXPLICACIÓNS
 
 

 

Pazos reiterou que “a negativa do Concello de Vigo a dar explicacións a nivel local sobre este accidente determinou a creación dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia, promovida polos grupos parlamentarios de En Marea e o BNG”.
 
 

 

Porén, criticou que “as administracións gobernadas polo PSOE estean boicoteando este Parlamento e faltando gravemente ao respecto desta institución, xa que se lle nega lexitimidade para investigar sobre o cumprimento da Lei de espectáculos públicos de Galicia aprobada nesta Cámara; se lle nega acceso o acceso á documentación, que debera ser de acceso universal; se cuestiona a súa capacidade para solicitar comparecencias; ou se pretende cuestionar a súa autonomía retorcendo de forma espuria e sen precedentes capacidades ministeriais”.
 

 

 

INFORME AD HOC
 
 

 

Alberto Pazos cuestionou “por que unha ministra socialista pide un informe ad hoc ao Consejo do Estado, presidido por outra socialista, para protexer ao alcalde socialista de Vigo e xustificar a súa fuxida desta comisión de investigación no Parlamento galego, cando os propios socialistas teñen solicitado a comparecencia de alcaldes tanto no propio Parlamento galego como noutros parlamentos autonómicos”.
 

 


Ademais, o deputado popular engadiu que “o máis grave é que para xustificar o boicot ao Parlamento se está a mentir aos cidadáns de Vigo”. Neste sentido, referiuse ás contradicións entre as declaracións realizadas polo representante da empresa organizadora na comisión de investigación e as realizadas polos responsables do Concello de Vigo respecto da licencia concedida por silencio administrativo, a existencia do seguro de responsabilidade civil, os certificados de montaxe ou as autorizacións eléctricas.

Síguenos nas redes sociais