O Grupo Popular amosa a súa “plena disposición de seguir traballando para manter o consenso en materia de violencia de xénero”

13 Feb 2019
Santiago, 12 de febreiro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, amosou hoxe no Parlamento “a plena disposición do PPdeG de seguir traballando no Pacto galego contra a violencia de xénero e manter o consenso existente desde o inicio da lexislatura neste Parlamento”. Por este motivo, apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento galego dunha moción do Grupo Socialista contra a violencia de xénero, á que se incorporaron puntos de En Marea e o BNG.
 
 

 

“Conten co Partido Popular para seguir poñendo en marcha medidas que melloren a situación das vítimas de violencia de xénero e para seguir traballando na prevención e na educación co obxectivo de eliminar calquera tipo de violencia contra as mulleres”, engadiu.
 
 

 

ACORDOS IMPORTANTES
 
 

 

Paula Prado destacou que “ao longo da presente lexislatura fomos quen de chegar a acordos importantes, empezando polo documento que consensuamos para remitir ao Senado coas propostas da Comunidade galega para incorporar ao Pacto de Estado”. “Nun contexto actual de confrontación e fragmentación política, en Galicia fomos capaces de poñer os intereses das vítimas por enriba dos intereses partidistas”, salientou.
 
 


Ademais, a viceportavoz popular indicou que “conten co Partido Popular para declarar tolerancia cero cos maltratadores e para estar ao lado das vítimas de calquera tipo de violencia ou discriminación”.

Síguenos nas redes sociais