O PPdeG defende a formación e actuación dos profesionais médicos na utilización da contención mecánica como medida preventiva e de último recurso

20 Feb 2019
Santiago, 20 de febreiro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe “a formación e actuación dos profesinais médicos na utilización da contención mecánica como medida preventiva e de último recurso para evitar que un enfermo se autolesione ou provoque danos a outras persoas”.
 
 

 

Aurelio Núñez asegurou que a utilización da contención mecánica “é excepcional, se axusta á normativa, faise en situación de risco inminente, non se utiliza como castigo e se fai coa autorización facultativa respectando a dignidade das persoas”. Por este motivo, demandou aos grupos da oposición que “se teñen constancia de actuacións irregulares deberán denuncialo na instancia que proceda, ben sexa sanitaria ou xudicial, para que se tomen as medidas contra os profesionais que non actúen de xeito correcto”.
 
 


“Desde o  Grupo Popular defendemos a capacitación e as actuacións dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia, porque a indicación de contención mecánica é unha prescrición médica que se leva a cabo de acordo cun protocolo existente, adaptado a cada hospital en función das súas particularidades”, asegurou.

Síguenos nas redes sociais