O Grupo Popular demanda que a Xunta elabore este ano un plan de arranxo do centro de menores Avelino Montero

20 Feb 2019
A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta elabore neste ano 2019 un plan de arranxo do Centro de reforma de menores Avelino Montero de Pontevedra, co obxectivo de executar as actuacións necesarias de cara ao seu saneamento integral. Así mesmo, solicitou que se garanta o mantemento neste centro dunha persoa especializada en psicoloxía.
 
 

 

Marta Rodríguez lembrou que no Centro Avelino Montero “xa se levaron a cabo entre outras actuacións a renovación das 41 fiestras, a instalación dunha nova caldeira, o equipamento da lavandería, o ximnasio e a renovación do mobiliario nas zonas comúns”. “Actualmente existe un plan de actuación para a reforma do centro, co obxectivo de paliar os deterioros que presenta polo paso do tempo e que consisten no arranxo dos problemas de humidade, a reforma dos baños, a instalación de fontanería e o arranxo das habitacións”, apuntou.
 
 
 


Na súa intervención, a portavoz popular subliñou que a Xunta está a desenvolver un plan de melloras da rede de centros de protección de menores, cun investimento de 3,6 millóns de euros, dos que máis de dous millóns destinaranse a diferentes obras de renovación nos catro centros de titularidade e xestión pública.

Síguenos nas redes sociais