O Grupo Popular salienta a disposición ao diálogo da Consellería de Sanidade na busca de solucións aos problemas do sistema sanitario galego

26 Feb 2019
Santiago, 26 de febreiro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe “a disposición ao diálogo constante da Consellería de Sanidade, e particularmente do conselleiro, na busca de solucións aos problemas que ten o sistema sanitario galego, e nomeadamente a atención primaria”.
 
 
Porén, criticou que a oposición “o único que trata é facer partidismo coa sanidade pública, tentando desgastar ao Goberno galego cunha serie de constantes falacias e un desprestixio permanente”.
 

 

 

Aurelio Núñez sinalou que “desde a pasada semana que interpelaron no Pleno ao conselleiro xa existen novas realidades: resolveuse a folga do persoal do Hospital de Santiago; negociouse co persoal dos puntos de atención continuada, con achegamento de posturas; sentáronse á mesa empresa e traballadores de ambulancias; presentáronse 175 medidas do borrador do novo modelo de atención primaria, que está en período de aportacións por parte de profesionais e cidadanía; e publicouse o novo contrato para profesionais”.
 

 

 

Ademais, o portavoz de Sanidade lembrou que desde o Goberno galego “estase a propoñer a incorporación do superávit do pasado ano para destinar unha parte á sanidade pública; e a publicación de ofertas públicas de emprego cun número importante de prazas para a sanidade, ademais dun concurso aberto e permanente e o plan de estabilización; xunto coa solicitude de acreditación de novas unidades formativas para incrementar as prazas MIR”.
 

 

 

PROBLEMA NACIONAL
 
 

 

No debate doutra moción sobre atención pediátrica, Aurelio Núñez explicou que “o novo contrato, aprobado e asinado pola maioría dos sindicatos, facilitará a fixación dos residentes de pediatría e a posibilidade de retorno de profesionais galegos formados ou exercendo noutras comunidades autónomas ou Portugal”.
 

 


Neste ámbito, reiterou que falta de pediatras “é un problema nacional”, pero salientou que “a gran maioría das comunidades teñen peor situación que Galicia na cobertura das prazas de pediatría”. Galicia rolda o 12 por cento de atención a nenos e nenas por parte de médicos de familia, fronte a unha media nacional do 25 por cento e que encabezan as comunidades de Baleares (48,9%) e Castela-A Mancha (41,1%).

Síguenos nas redes sociais