O PPdeG trasladará a Medio Rural a necesidade de rematar a parcelaria de Villestro e Figueiras en Santiago

01 Mar 2019
Santiago, 28 de febreiro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, acompañada do voceiro do Medio Rural, Moisés Rodríguez, reuniuse esta tarde con representantes dos veciños de Villestro e Figueiras e comprometeuse a trasladar á Consellería do Medio Rural a necesidade de rematar o proceso de concentración parcelaria que está en marcha nestas dúas parroquias composteláns.
 

 

 

Así mesmo, Paula Prado comunicou aos veciños que a Consellería está traballando nun proxecto de Lei de recuperación e posta en valor das zonas agrarias e forestais de Galicia, que permitirá potenciar os mecanismos de reestruturación parcelaria actualmente en marcha.
 
 

 

Pola súa banda, Moisés Blanco avanzou que o Grupo Popular apoiará hoxe a aprobación na  Comisión 7ª dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que remate o proceso de concentración parcelaria do monte nas parroquias de Figueiras e Villestro, iniciado no ano 1991 e coas bases definitivas aprobadas desde 2009.
 
 


Blanco lembrou o compromiso do Goberno galego de rematar ao longo da presente lexislatura os 108 procesos de concentración parcelaria abertos, salientando os 20,5 millóns de euros que se contemplan nos orzamentos da Xunta para este ano co fin de avanzar neste proceso.

Síguenos nas redes sociais