Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento demanda ao Goberno do Estado cubrir as vacantes da unidade de Policía Nacional adscrita a Galicia

13 Mar 2019
Santiago, 13 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita (UPA) para incrementar canto menos ata 475 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
 
 

 

O deputado popular Jacobo Moreira lembrou que o 22 de outubro de 1990 instrumentouse o acordo administrativo de colaboración entre o Ministerio do Interior e a Comunidade galega en materia policial, constituíndose e adscribíndose unha unidade do Corpo Nacional de Policía, que depende organicamente do Ministerio do Interior e funcionalmente da Xunta de Galicia. No ano 2005, asinouse unha das prórrogas deste acordo pola que o Ministerio do Interior se comprometía á incorporación de funcionarios policiais á unidade adscrita a Galicia ata acadar a cifra total de 500 efectivos, que son os que figuran no catálogo desta unidade.
 
 

 

Moreira sinalou que a UPA “nunca acadou a cifra de 500 efectivos, a pesar da incesante perda de persoal que a levou a contar con só 348 efectivos en 2011”. “Foi en 2013, cun goberno do PP, cando estivo máis preto de contar coa totalidade de plantilla, ao chegar a 474 efectivos, pero nos últimos anos volveu perder persoal e na actualidade conta con 403 efectivos totais”, concretou.
 
 


“Esta unidade de policía adscrita foi acomodando a prestación dos seus servizos de xeito paralelo ás novas competencias que foi asumindo o Goberno galego, circunstancia que determinou tanto o incremento dos seus recursos humanos e materiais, como un maior aumento de sedes policiais no territorio de Galicia”, indicou o deputado popular. Desde o ano 2016 esta unidade de policía colabora coa Policía Nacional na protección das mulleres vítimas de violencia de xénero, así como na protección do medio natural, a loita contra os incendios forestais e tamén contra o furtivismo e marisqueo ilegal.

Síguenos nas redes sociais