Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo di que o PP é a única vía segura para que non goberne Pedro Sánchez e se teña en consideración a Galicia

16 Mar 2019

16, marzo, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé na importancia de distinguir o voto útil do que non o é, polo que apuntou que quen queira que goberne Pedro Sánchez pode votar a calquera, pero “quen queira que non goberne e haxa un goberno alternativo, só ten unha vía segura: o Partido Popular”. Por iso, salientou que para que Galicia se teña en consideración só están as siglas do Partido Popular e un candidato, Pablo Casado.

Sinalou que estamos ante un executivo que depende para todo dos que queren acabar con España e que o PSOE “pasou de seguir ao Pablo Iglesias de Ferrol a facer o que di o Pablo Iglesias de Galapagar”, ao mesmo tempo que pasou de ter como libro de referencia a Constitución a ter a autobiografía de Pedro Sánchez.

 

Segundo remarcou o líder do PPdeG, para Galicia nin é voto útil unhas Mareas de Podemos que apoian os orzamentos humillantes de Pedro Sánchez para a nosa comunidade nin un BNG que di que quere moito a Galicia, pero pide o voto para Batasuna-Bildu e Esquerra Republicana. Así, dixo que cando o representante do BNG de Allariz pida o voto estarao pedindo para estes partidos.

 

PEDRO SÁNCHEZ FOI INCAPAZ DE GOBERNAR

Durante un encontro con afiliados en Allariz, o líder do PPdeG indicou que a convocatoria das eleccións o 28 de abril responde, por unha banda, a que Pedro Sánchez foi incapaz de gobernar e, por outra, a que o fixo someténdose a Podemos, nacionalistas e independentistas. Por iso, asegurou que nestes días previos á cita coas urnas os galegos escoitarano prometer o que non fixo, improvisar decretos para facer parecer que fixo algo e intentar desviar a atención con todo tipo de temas.

 

Para Feijóo, o vindeiro 28 de abril, os galegos teñen a oportunidade de poñerlle fin a un goberno cun presidente que nin tivo un día para visitar Galicia como líder do executivo, pero si para visitar 20 países e 16 comunidades autónomas e vir pedir o voto nun mitin a semana pasada.

 

GALICIA TEN MÁIS ESPERANZA E FUTURO

O presidente do PPdeG referiuse, tamén, a que o voto a Vox e a Ciudadanos beneficia a Pedro Sánchez, a Podemos e aos nacionalistas, porque, tal e como explicou, en moitos casos o voto a estas formacións non só non suma escanos para o centro dereita, senón que ademais pode sumar escanos para a esquerda e os nacionalistas. Neste punto, incidiu en que non hai que crerse as enquisas que lle fan á medida de Pedro Sánchez, pero si preocuparse daquelas que din que o centro dereita tería máis votos que antes, pero moitos menos escanos por estar dividida en varios partidos.

 

Neste punto, recordou que grazas a que os galegos hai dez anos uniron as súas forzas no voto útil, hoxe Galicia crece, recuperou emprego, cumpre co déficit, endebédase menos, recuperou sectores estratéxicos como o naval, a automoción, a gandería ou a pesca, innova en eidos como a aeronáutica ou a eólica mariña, aumenta os servizos en sanidade e educación e ten máis esperanza e futuro. Fronte a isto, Feijóo sostivo que hai cidades e concellos que quedaron paralizados polo populismo e lamentou que o nacionalismo trate de impoñerse sobre a maioría da xente.

Síguenos nas redes sociais