Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular celebrou esta mañá unha xornada sobre sensibilización da discapacidade con asociacións integrantes de Cermi-Galicia

18 Mar 2019
Santiago, 15 de marzo de 2019.- Os deputados do Grupo Popular celebraron esta mañá unha xornada sobre sensibilización da discapacidade cos distintas asociacións que integran o Comité de Entidades representantes de persoas con discapacidade de Galicia (Cermi).
 
 

 

Na intervención de clausura, o portavoz popular Pedro Puy salientou que esta xornada “permitiu afondar no coñecemento das necesidades das persoas con discapacidade, incrementando a sensibilización sobre os seus problemas”. Así mesmo, expresou o recoñecemento a “todas as asociacións que traballades para mellorar a situación dos dependentes a diario”.
 

 

 

A xornada, que foi inaugurada pola conselleira de Política Social, Fabiola García, contou coa presencia de representantes da ONCE en Galicia; da Federación de asociacións de persoas xordas (FAXPG); da Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga); ou da Confederación Galega de persoas con discapacidade (Cogami);
 
 


Tamén estiveron presentes responsables da Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental (Feafes-Galicia); da Federación galega de institucións para a síndrome de Down (DOWN-Galicia); da Federación Autismo Galicia; da Federación galega de dano cerebral (Fegadace); da Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias (Fagal); e da Federación galega de asociacións de atención a persoas con parálise cerebral y/o patoloxías afíns (Aspace-Galicia).

Síguenos nas redes sociais