Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo di que, fronte a presuposicións e carambolas, só hai unha fórmula segura: o voto directo ao Partido Popular

18 Mar 2019

18, marzo, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, incidiu en que, fronte a presuposición e carambolas, só hai unha fórmula segura para que goberne o Partido Popular: o voto directo ao PP.

Durante un mitin en Arzúa, onde estivo acompañado polo candidato á Alcaldía, Rafael Rivadulla, e polo presidente provincial, Diego Calvo, o líder do PPdeG asegurou que aos españois lles irá mellor cun Goberno estable como o de Galicia, que leva dez anos contribuíndo ao progreso da comunidade, en lugar dun Executivo que non funciona, que goberna unicamente para os seus socios e que depende para todo dos que queren trocear España. Indicou que o PP non é un partido dunha soa persoa nin cun discurso dun só parágrafo ou dunha soa consigna, senón que é un partido de goberno.

 

Así, o líder do PPdeG recalcou que Pedro Sánchez, non só é incapaz de aportar solucións aos problemas da nosa comunidade –situación dos traballadores de Alcoa e do sector enerxético-, senón que tamén os crea, como no caso de Ence. É por iso polo que Feijóo salientou que os galegos non lle darán un minuto máis na Moncloa a un presidente que non lle preocupou Galicia nin un só minuto do seu tempo. E é que tal e como recordou, a mostra está en que presentou uns orzamentos que recortaban un 30% dos investimentos para Galicia, mentres noutros lugares subían un 60%.

 

UN GOBERNO QUE LLE IMPORTE GALICIA

Para Feijóo, o 28 de abril os galegos teñen a oportunidade de poñer fin a un Executivo sometido a Podemos, nacionalistas e independentistas e optar, en cambio, por un goberno para o que Galicia sexa importante, que se deba unicamente aos cidadáns, que defenda a unidade, a igualdade e a liberdade dos españois, que reivindique a Constitución e o Estatuto de Autonomía e que poña en práctica políticas útiles e efectivas como as que funcionaron contra dúas crises económicas.

 

Feijóo, ao tempo que apuntou que a grandeza do Partido Popular radica en que nace das persoas de cada pobo, comarca e parroquia de Galicia e de España; destacou que esta é a única formación que ten un proxecto propio, un equipo e un gran candidato. Un partido, tal e como sinalou, con respostas aos problemas da xente, con propostas e con balance. Así, dixo que, despois de que hai dez anos os galegos uníranse no voto útil, Galicia hoxe medra, recupera emprego, innova e aumenta as prestacións na sanidade e na educación.

 

Neste senso, o presidente do PPdeG remarcou, unha vez máis, que o voto útil non é un PSOE que sempre elixe o que lle manda os nacionalistas; nin unhas Mareas de Podemos que apoian uns orzamentos que humillan a Galicia; nin tampouco un BNG que se alía con Batasuna-Bildu e Esquerra Republicana.

Síguenos nas redes sociais