Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG considera de “máxima prioridade” que o estaleiro Vulcano peche un acordo coas empresas auxiliares para rematar o ferri

21 Mar 2019
Santiago, 21 de marzo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique considerou hoxe no Parlamento de “máxima prioridade” que o estaleiro Vulcano peche un acordo coas empresas auxiliares que lle permita rematar a construción do ferri. “O compromiso do Goberno galego co naval é total, defendendo este sector estratéxico para Galicia tanto na época máis complicada, cando o tax lease, como agora que se atopa nunha etapa de crecemento, coa segunda maior carteira de pedidos de toda Europa”, afirmou.
 

 

Teresa Egerique manifestou que a Xunta “é coñecedora de primeira man da situación pola que está a atravesar Vulcano, ante a que ten actuado desde o comezo implicándose en profundidade e sempre co compromiso claro na busca dunha solución que fora beneficiosa tanto para a empresa como para os traballadores”.
 
 


Neste sentido, salientou que “o traballo realizado polo Goberno galego nos últimos anos permitiu que os estaleiros de Galicia recuperaran o liderado nacional en carga de traballo, con 15 novos contratos en 2018 por valor de 550 millóns de euros”. Máis en concreto, a deputada popular apuntou que os pedidos actuais no naval galego suman 27 buques civís e un buque militar, o que supuxo que o sector pasara de 7.000 empregados en 2009 a máis de 10.500 en 2017.

 

Síguenos nas redes sociais