Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado di que non é aceptable que Sánchez queira pagar a súa campaña electoral co superávit e a responsabilidade dos galegos

22 Mar 2019

22, marzo, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que non é aceptable “que Galicia pague a inestabilidade política e económica á que os socialistas queren condenar ao conxunto do país; que o Executivo central volva querer castigar a unha comunidade cumpridora, como Galicia, mentres propuña uns Orzamentos Xerais do Estado que premiaban a Cataluña; e que Pedro Sánchez queira pagar a súa campaña electoral e os seus venres electorais co superávit e a responsabilidade do Goberno galego”.

 

Como lembrou, Galicia pechou o exercicio do ano pasado con superávit contable que, segundo os cálculos iniciais, ascende a 125 millóns de euros. Por este motivo, a Xunta solicitou formalmente ao Ministerio de Facenda autorización para poder reinvestilo canto antes xa que, en 2018, o Goberno Rajoy si llo permitía ás Comunidades Autónomas con superávit.

 

Lamentablemente, Tellado sinalou que a día de hoxe hai dous problemas derivados da inoperancia do Goberno Sánchez: “non hai Presupostos do Estado, porque o PSOE e as Mareas de Podemos fracasaron no seu intento de aprobalos; e o Goberno leva sen convocar desde o pasado verán o Consello de Política Fiscal, onde se abordan estas cuestións”.

 

“Desde Galicia entendemos que a situación de inestabilidade política en España derivada da moción de censura non pode afectar ás comunidades autónomas, especialmente ás cumpridoras como Galicia”, manifestou explicando que en 2018 cumprimos o déficit público, o límite de débeda, a regra de gasto e fomos líderes en axilidade de pago a provedores.

 

Así mesmo, afeou que onte o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, volvese facer trampas “dentro da súa estratexia de utilizar a comunicación institucional para facer partidismo”, reprochando que o Executivo autonómico non quixese dispoñer de máis recursos económicos en transferencias do Estado. “A realidade é que falamos de cuestións ben diferentes: a Xunta quere gastar recursos propios, grazas a que non nos endebedamos, e o Estado ofrece que nos endebedemos”, precisou recoñecendo que hai unha diferenza notable.

 

Nese senso, ironizou con que “se o portal que sacou o PSOE para desmentir bulos dos políticos tamén llelo aplican aos socialistas, esperamos que teñan ben vixiado ao señor Losada, xa que non se pode facer política enganando á xente”.

 

A IMPLOSIÓN DEFINITIVA DAS MAREAS

Por outra banda, o número dous do PPdeG referiuse á “implosión definitiva das Mareas de Podemos”, que confirmou o que xa tiñan dito os populares: “só estiveron unidas para ir ás eleccións, e agora nin iso; dedicaron todo o seu tempo ás súas liortas internas e non fixeron absolutamente nada por mellorar a vida dos galegos; e son un proxecto político esgotado, que xa só se dedica a recolocar aos seus líderes nos lugares nos que aínda poder ser elixidos”.

 

Logo desta ruptura definitiva, sinalou que o espazo da esquerda radical en Galicia quedaría da seguinte forma: dunha parte, En Marea, “na que están Villares e os poucos amigos que lle quedan do seu partido”; doutra, Podemos e Esquerda Unida, “que xa só existen en Galicia para intentar asegurarlle o escano a Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino”; e finalmente, Anova, que trala súa renuncia a presentarse ás eleccións parece que quedan reducidos a   constituírse como unha asociación de veciños. “En definitiva, nada aportaron nunca a Galicia e nada lles queda por aportar máis que algún episodio máis dos seus espectáculos”, sentenciou.

Síguenos nas redes sociais