Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular cualifica de “extemporánea” a proposta do PSOE de reclamar o uso do superávit

10 Abr 2019

Santiago, 10 de abril de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “extemporánea” a proposición non de lei do Grupo Socialista debatida hoxe no Pleno sobre a reclamación ao Goberno central destinar o superávit da Comunidade galega a sanidade, educación e servizos sociais, “porque foi o Presidente da Xunta o que tomou a iniciativa, á que sumou a demanda dos 170 millóns de euros das liquidacións negativas en compensación por ser unha comunidade cumpridora, os 200 millóns da última mensualidade do IVE de 2017 e os 330 millóns das entregas a conta correspondentes ao presente exercicio”.

 

Pedro  Puy lembrou que o superávit da Xunta no pasado ano “é consecuencia de que Galicia cumpriu o déficit público, o límite de débeda, a regra de gasto e fomos líderes no pago aos provedores” e que “o superávit non foi xerado pola inexecución do gasto, senón por unha recadación superior á prevista como consecuencia da boa marcha da economía galega.

 

CARTA Á MINISTRA ANTES QUE PROPOSTA SOCIALISTA

 

Diante desta situación, o Presidente da Xunta mandou unha carta o 27 de febreiro á ministra de Facenda solicitando poder facer uso deste superávit para atender necesidades de Galicia en materia sanitaria, educativa e de servizos sociais, “moitos días antes de que o Grupo Socialista rexistrara o 15 de marzo a proposición non de lei que hoxe debatemos”.

 

“Por tanto, a posición do Goberno de Galicia fixo rectificar ao Goberno central, que o pasado 29 de marzo aprobou o Real Decreto que habilita a posibilidade de utilizar este superávit, que foi publicado no boletín oficial do Estado do 30 de marzo e convalidado no Congreso o 3 de abril”, concretou.

 

O portavoz popular criticou que a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de eliminar a posibilidade de que as comunidades autónomas cumpridoras puideran utilizar o seu superávit “era unha discriminación entre administracións públicas, xa que si se permitía ás entidades locais cumpridoras”.

 

“O esforzo feito polos galegos, que fixo que Galicia tivera un superávit de 125 millóns de euros, ten que ser recoñecido”, manifestou Puy, quen engadiu que “ten que haber flexibilidade para gastar o que é dos galegos no que necesitan os galegos”.

Síguenos nas redes sociais