Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo di que, ante aos que falan con catastrofismo e superficialidade, o PP é o único que cre e defende o rural

15 Abr 2019

15, abril, 2019.Opresidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, salientou que, fronte aos partidos que falan con catastrofismo e superficialidade, o PP é o único que cre e defende o rural: “O que menos precisa a España baleira son palabras baleiras”.

 

Así, durante unha visita a unha explotación gandeira en Lamaboa (Lugo), o líder do PPdeG destacou que, a diferenza do resto de formacións para os que o rural é un mero trámite, o PP conta cunha axenda do rural completa, con propostas detalladas e concretas. Neste punto, sinalou que un Executivo que goberna directamente co populismo, o nacionalismo e o independentismo; que arrisca o traballo das familias que traballan en Ence e das que venden madeira en Galicia; ou que cambia o regulamento de costas ameazando edificacións, depuradores, colexios, cetáreas, fábricas de conservas ou 3.500 explotacións bateeiras, non pode defender o rural.

 

O PP RESPONDE AOS PROBLEMAS DO RURAL

Apuntou que, ante dificultades deste ámbito, o Partido Popular é a única formación que ten respostas. Así, dixo que, ante o problema demográfico, é preciso un modelo de financiamento que prime a dispersión e o avellentamento de lugares como Galicia e cunha política fiscal que priorice vivir no rural.

 

Do mesmo xeito, avogou por unha lexislación que dea prioridade ás tramitacións das industrias que se queiran implantar no rural; por un plan para a xestión das crises agrarias e a estabilización das rendas; por acceso a Internet, para continuar homologando as condicións de vida no ámbito rural e urbano; e porque o interior de Galicia estea no mapa coas mesmas infraestruturas que outros lugares de España.

 

Feijóo recalcou que o futuro do rural tamén se xoga nas institucións comunitarias, de aí que sexa fundamental un goberno forte e que saiba negociar con Europae “non un goberno títere que para gobernar necesite dos independentistas e dos nacionalistas”.

 

O RURAL, NO ADN DE GALICIA

Para o líder do PPdeG, o rural está no ADN de Galicia e que vai seguir marcando o futuro da nosa comunidade: “É posible conxugar rural e futuro”. Así, fronte aos que o desprezan, din que non hai expectativas e só lle saben atribuír estereotipos, Feijóo fixo fincapé en que o Partido Popular está disposto a seguir traballando por el e que aposta por políticas que atraian cada vez máis xente a vivir no rural e do rural. Por iso, pediu o voto para poder seguir dotándoo de recursos e oportunidades.

 

Así mesmo, resaltou que o Goberno galego demostra con feitos de que é unha garantía para o rural: ao destinar recursos a axudar ás familias con fillos; ao loitar contra o despoboamento, aprobando un Plan de Impostos Cero para adquirir ou permutar parcelas e para que os mozos e as familias numerosas poidan mercar unha vivenda máis barato nas vilas e nas aldeas; ao atraer emprendedores, impulsando indicacións xeográficas protexidas; ao mellorar a rendibilidade das explotacións, para o que xa se está traballando nunha lei de recuperación e posta en valor da terra; e ao potenciar o rural como lugar apto para novos sectores, como o polo aeronáutico de Lugo.

Síguenos nas redes sociais