Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda que o Goberno do Estado manteña os criterios de distribución dos fondos para políticas activas de emprego

14 May 2019

Santiago, 13 de maio de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, solicitou hoxe ao Goberno do Estado que “manteña os criterios de distribución entre as comunidades autónomas dos fondos destinados ás políticas activas de emprego e non leve adiante o seu anuncio de modificalos, xa que suporá unha nova aldraxe cara aos galegos ao non recoñecer os resultados de Galicia na xestión destes recursos e os esforzos realizados para reducir os niveis de desemprego”.

 

 

Paula Prado subliñou que “un dos aspectos que consideramos principais para a mellora do benestar e o crecemento económico dos nosos concellos e, por ende, de toda Galicia é o fomento do emprego e a creación de postos de traballo”. Neste sentido, lembrou que “Galicia está a conseguir datos moi relevantes en materia de creación de emprego e descenso do número de parados, e así se pon de manifesto nos últimos datos de paro rexistrado coñecidos a semana pasada, onde fomos a comunidade na que máis baixou o desemprego de toda España no último ano: un 8,81 por cento, que se traduce en máis de 16.000 parados menos”.

 

“Porén, estes datos positivos no descenso do número de parados non teñen o recoñecemento que se merecen por parte do Goberno socialista de Pedro Sánchez”, lamentou o viceportavoz popular. En concreto, referiuse á decisión anunciada polo Ministerio de Traballo de “cambiar as regras de xogo establecidas para a distribución dos fondos ás comunidades autónomas destinados a políticas activas de emprego, nos que se primaba ás comunidades que como Galicia están a impulsar programas pioneiros e innovadores que favorecen a creación de postos de traballo estables e con futuro”.

 

ANUNCIADO NA ÚLTIMA CONFERENCIA SECTORIAL

 

Paula Prado explicou que “Galicia estaba a recibir un 8 por cento dos fondos repartidos polo Goberno do Estado ás comunidades autónomas para estimular a creación de emprego, pero a decisión anunciada polo Goberno socialista na última Conferencia Sectorial de Emprego aplicará datos e estatísticas que non teñen en conta a avaliación do desempeño, nin a efectividade das políticas a prol do emprego, prexudicando directamente e especialmente á Comunidade galega”.

 

“Deste xeito, desde o Grupo Popular continuaremos demandando, como xa o fixemos aprobando unha proposición non de lei neste Parlamento, coa abstención de toda a oposición, que o Goberno de Pedro Sánchez abandone esta idea e retome os criterios de distribución dos fondos destinados ás políticas activas de emprego”, apuntou. Ademais, dixo que “de levar adiante esta decisión, o Goberno de Pedro Sánchez estaría cometendo unha nova aldraxe cara aos galegos, que se sumará a outras que estamos padecendo tanto no sector industrial, con exemplos como a falta de solución para as empresas electrointensivas ou abocando ao peche de Ence; como no económico, evitando que o Goberno galego poida utilizar do superávit, negándose a devolver o IVE ou non abonando as entregas a conta”.

 

MEDIDAS PARA O EMPREGO FEMININO

 

Paula Prado fixo unha especial mención ao emprego feminino e neste sentido demandou ao Goberno do Estado a aprobación dunha Lei de igualdade salarial, para rematar coa fenda salarial de xénero entre homes e mulleres; ou a modificación da Lei de conciliación e corresponsabilidade, onde se teña en conta a racionalización horaria e se favoreza a compatibilidade do traballo coa vida persoal e familiar.

 

“Son dúas demandas que xa aprobamos neste Parlamento en varias ocasións, a máis recente no pasado mes de febreiro, pero que consideramos indispensables para facilitar a incorporación da muller ao mundo laboral e seguir descendendo o número de mulleres que desexan traballar e non atopan un posto de traballo”, sinalou.

 

Síguenos nas redes sociais