Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo di que o domingo “eliximos a Pontevedra de 2023” fronte a un goberno local gastado tras 20 anos co mesmo alcalde

24 May 2019

24, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que este domingo “eliximos a Pontevedra de 2023” fronte a un goberno local gastado tras 20 anos co mesmo alcalde.

 

Como sinalou, a cidade, que é a urbe con máis paro de Galicia, necesita un cambio e, por iso, pediu o voto para Rafa Domínguez, asegurando que o candidato popular é a única garantía de que iso poida suceder.

 

Ademais, advertiu que votar ao PSOE, ás Mareas e a Ciudadanos suporá que este cambio tan necesario non se leve a cabo, pois estas formacións sempre se poñen a disposición do BNG e do rexedor actual. “O PSOE é un monaguillo do BNG, as Mareas sempre gobernan co Bloque e a división do voto cara a Ciudadanos facilita que o partido de centro-dereita de Galicia, que é o PP, non acade a maioría necesaria”, subliñou.

 

“Podemos pospoñer o cambio ata dentro de catro anos ou facelo este domingo, e as cousas que son necesarias non se deben pospoñer”, concluíu.

Síguenos nas redes sociais