Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG asegura que a nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana permitirá axilizar os expedientes relativos ao patrimonio cultural galego

10 Jul 2019

Santiago, 10 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou hoxe no Parlamento que a nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana, que recentemente entrou en vigor, “permitirá axilizar os expedientes relativos ao patrimonio cultural galego, xa que simplifica os trámites e facilita a concesión de licencias directas por parte dos concellos”.

 

 

Carlos Gómez puxo de manifesto que “as oficinas de Patrimonio teñen un importante volume de expedientes en tramitación, moitos deles dunha extraordinaria complexidade”. “A inmensa maioría dos expedientes se resolven nun prazo de dous ou tres meses”, concretou, para explicar que “o atraso é debido á complexidade da solicitude polo patrimonio cultural existente en toda Galicia”.

 

REFORZO DO PERSOAL

 

Diante desta situación, o deputado popular sinalou que “a Consellería reforzou puntualmente o persoal das oficinas de Patrimonio”, pero subliñou que a posta en marcha da nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana de Galicia permitirá dar unha saída máis áxil a todos estes expedientes acumulados.

 

“Coa posta en marcha desta lei, a Dirección Xeral de Patrimonio deixará de intervir ata nun 40 por cento das ocasións nas que ata o de agora tiña competencia, o que suporá unha descarga de traballo para as oficinas provinciais e unha maior axilidade na resolución do resto dos expedientes”, concretou Gómez Salgado.

 

Por este motivo, o deputado popular demandou aos grupos da oposición “darlle un tempo mínimo ás medidas lexislativas e estruturais aplicadas para valorar os resultados de efectividade e axilidade, así como valorar a carga de traballo e as necesidades se as houbera en cada oficina de Patrimonio”.

Síguenos nas redes sociais