Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda premura na conexión da prolongación da Vía Ártabra coa AP-9 e o compromiso de que non se cobre peaxe

08 Ago 2019

Santiago, 8 de agosto de 2019. O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a demandar do Ministerio de Fomento premura na emisión da autorización necesaria para a conexión da prolongación da Vía Ártabra, que está a impulsar a Xunta, coa autoestrada AP-9.

 

O voceiro de Infraestruturas, Martín Fernández, sinalou que a Xunta xa ten iniciado o desenvolvemento da prolongación, licitando as obras entre a N-VI e a estrada autonómica AC-221 e coa previsión de executar unha 2ª fase, totalizando un investimento superior aos 40 millóns de euros.

 

Na iniciativa popular tamén se solicita un compromiso expreso de que non se cobre peaxe aos vehículos que accedan á AP-9 desde a Vía Ártabra, ao igual que na actualidade están liberados de pagamento da peaxe os tráficos da Barcala.

 

A proposición non de lei presentada polos populares galegos formulase tendo en conta que os técnicos especialistas deseñaron o trazado e o punto de entronque da prolongación desde a Vía Ártabra coa AP-9 seguindo criterios técnicos obxectivos baseados na seguridade viaria e no menor impacto territorial, tal e como se recolleu no proxecto aprobado polo Goberno bipartito no 2009 estableceuse na  Gándara. Na iniciativa solicitan que a execución material do proxecto se faga tamén coa máxima calidade, menores afeccións ambientais e sociais, e maiores garantías de seguridade viaria.

 

O GPP recorda que a Vía Ártabra é unha vía de comunicación fundamental para toda a área da Coruña que , nos momentos económicos máis difíciles da historia recente, o Goberno galego logrou poñer en servizo dous treitos, case 8 km de tronco e os 1,8 da variante de Oleiros, investindo máis de 70M€ en dous treitos que son empregados por máis de 4.000 vehículos cada día.

 

O voceiro de Infraestruturas indica que a conexión desta Vía coa AP-9 é imprescindible para o seu completo funcionamento e favorecer a mobilidade e reforzar a seguridade viaria de veciños e usuarios dos concellos de Oleiros, Sada e Cambre cara á Coruña. E para iso é imprescindible contar coa autorización do Ministerio de Fomento, na medida en que a Vía Ártabra entronca con dúas vías de titularidade estatal, a AP-9 e a N-VI. Ademáis,  indica Martín Fernández, a Xunta prevé, nunha fase posterior, a súa conexión coa autovía A-6.

 

Tendo en conta que o Ministerio de Fomento deixou claro que o punto de conexión informado favorablemente nos informes era na Gándara, desde  o Grupo Parlamentario Popular se considera necesario que desde este Ministerio  haxa un compromiso expreso de que esta nova conexión coa AP-9 sexa libre de peaxe. A Vía Ártabra será unha autovía libre de peaxe de nova construción por parte da Xunta de Galicia, a área de peaxe que se inclúe no proxecto é unha esixencia do Ministerio de Fomento, e de establecerse o cobro dunha peaxe correspondería á AP-9, non á vía autonómica, indican os deputados populares, lembrando que a día de hoxe existe un convenio que ten liberado de pago de peaxe os tráficos da Barcala.

Síguenos nas redes sociais