Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Paula Prado pide aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista a Galicia”

12 Ago 2019

Santiago, 12 de agosto de 2019.-  A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado pedíu hoxe aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista de Pedro Sánchez a Galicia, que se poñan de lado dos galegos e das galegas e que lle esixan que deixe as súas vacacións e resolva primeiro os problemas e xestione a devolución dos 700 millóns de euros a nosa Comunidade”.

 

Paula Prado indicou que “non poden insultar á nosa intelixencia xa que é absolutamente falso que haxa algunha normativa que impida a un goberno en funcións devolver as entregas a conta que se lle adebedan a Galicia”. “Isto non é unha liorta entre partidos xa que hai outras Comunidades Autónomas, gobernadas algunhas por socialistas, que tamén están demandando as súas débedas” indicou a viceportavoz popular.

 

Paula Prado respostou ás declaracions dos representantes socialistas  Carmela Silva e Gonzalo Caballero  desta fin de semana indicando que “se hai algunha vítima, estas son todos os galegos e galegas que están a sufrir a aldraxe do Goberno do Estado que non é quen de xestionar a devolución dos cartos e, se hai vítimas tamén ten que haber verdugo e o único que hai é Pedro Sánchez que está tratando de asfixiar a nosa economía”.

 

“O resto son cortinas de fume para non atender ás peticións das Comunidades Autónomas do que lles corresponde e ademais, no caso de Galicia, da reclamación  por ser unha Comunidade cumpridora” indicou Paula Prado.

Síguenos nas redes sociais