Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Paula Prado: “Estanse a xerar tensións de tesourería e os socialistas galegos son cómplices desta asfixia económica”

19 Ago 2019

Santiago, 19 de agosto de 2019.- A vicevoceira do Grupo Popular Paula Prado indicou hoxe en rolda de prensa que se están a xerar “tensións de tesourería e os únicos responsables desta asfixia económica son os socialistas coa complicidade dos socialistas galegos, que defenden a actitude de Pedro Sánchez e os seus ministros de non darlle a Galicia os cartos que lle corresponde”.

 

Deste xeito falou do “desprezo que amosan con Galicia desde o Goberno de Pedro Sánchez, impedindo que se fagan as entregas a conta xa orzamentadas de 530 millóns de euros, que sumados ás cantidades do IVE, son 700 millóns de euros de todos os galegos e galegas”.

 

Mentres, indicou Paula Prado, “asistimos a anuncios sorprendentes sobre outras medidas que sí se tomarían polo Goberno en funcións aínda que suporían unha modificación orzamentaria”. Deste xeito sinalou o anuncio da subida das pensións “coa que estamos absolutamente dacordo” ou as peaxes nas autovías galegas “que poden facer aínda estando en funcións pero se negan a entregar o que deben a Galicia o que representa un insulto á nosa intelixencia”.


 
Na rolda de prensa celebrada hoxe, Paula Prado respostou aos xornalistas que “o único pacto do PPdeG é cos galegos e as galegas que nos deron a súa confianza en todas as eleccións desde o ano 2009 e sempre con  maioría absoluta, sendo a única opción de centro dereita en Galicia”

Síguenos nas redes sociais