Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento galego apoia manter a defensa ante a UNESCO da candidatura a Patrimonio da Humanidade do Parque Nacional das Illas Atlánticas

11 Sep 2019

Santiago, 11 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, Grupo Común da Esquerda e BNG, a través da que se insta á Xunta a manter a súa defensa ante a UNESCO da candidatura a Patrimonio da Humanidade que abarca a totalidade do territorio do actual Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, sen excluír aos arquipélagos de Ons e Sálvora nin a illa de Cortegada.

 

A deputada popular Teresa Egerique manifestou que con esta proposición non de lei “queremos reforzar o apoio deste Parlamento á candidatura a Patrimonio da Humanidade de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas”. “Todos queremos que Cíes sexa Patrimonio da Humanidade, pero tamén todas as illas que conforman o parque nacional”, dixo.

 

AVANZADO MOITO

 

Teresa Egerique indicou que “a Xunta ten avanzado moito” nesta declaración como Patrimonio da Humanidade, e deixou claro que “só existe unha candidatura sólida, integradora e realista, beneficiosa non só para todos os vigueses, senón tamén para todos os galegos”.

 

“A Xunta e o Concello de Vigo teñen os mesmos obxectivos: que as illas Cíes sexa Patrimonio da Humanidade”, subliñou a deputada popular, quen apuntou que “non se pode pensar en cativo neste tema e deixar que o capricho puntual dun político, que practica a política egoísta, bote por terra todo o traballo desta candidatura”.

 

Neste sentido, explicou que todos os bens que son Patrimonio Mundial Natural en España son parques nacionais no seu conxunto (como Garajonay en Canarias, Doñana en Andalucía ou El Teide en Canarias) e destacou que “nunca Vigo, Bueu, Vilagarcía ou Ribeira tiveron unha oportunidade así, excepcional para as Rías Baixas e para toda a provincia de Pontevedra”.

 

“Cíes lidera a candidatura do Parque Nacional porque é a xoia da coroa, pero non son illas de Abel Caballero senón illas que nos brindou a natureza a todos os galegos”, manifestou Teresa Egerique. Deste xeito, sinalou que “o feito de querer inventarse unha candidatura alternativa coas Cíes é atacar á xa existente Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas que está xa incluída na lista indicativa nacional e rexistrada como candidatura da UNESCO”.

Síguenos nas redes sociais