Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG asegura que a prioridade da Xunta con Vulcano é velar pola continuidade da actividade industrial e os dereitos dos traballadores

09 Oct 2019

 

Santiago, 9 de outubro de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, asegurou hoxe no Parlamento que “o compromiso da Xunta co sector naval é indiscutible e no caso concreto de Vulcano ten demostrado con feitos que a súa prioridade é velar tanto pola continuidade da actividade industrial como polos dereitos dos traballadores”.

 

 

Teresa Egerique manifestou que “o que non fai a Xunta é dar falsas esperanzas, porque temos que ser realistas e afrontar este problema desde a situación real de que a débeda xerada polo estaleiro condiciona a chegada dun novo inversor”.

SEGUIR TRABALLANDO

“Cremos que hai que seguir traballando conxuntamente na busca de oportunidades encamiñadas a dar visibilidade ao estaleiro de Vulcano, e por iso seguiremos defendendo a actividade naval nas súas instalacións”, sinalou a portavoz popular.Egerique salientou que, “logo do tax lease e da feroz crise para os estaleiros privados na que nos meteu o comisario socialista Almunia, Galicia lidera hoxe a construción naval en España, con 37 dos 50 buques pedidos no primeiro semestre de 2019; acadamos en 2018 o mellor dato de novos contratos asinados nos últimos anos; e a Xunta destina máis de 50 millóns de euros a consolidar o crecemento do sector naval galego”.

Síguenos nas redes sociais