Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG solicita a convocatoria en 2020 de todas as prazas MIR acreditadas polo Ministerio de Sanidade en medicina familiar, pediatría e enfermería

09 Oct 2019

Santiago, 9 de outubro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, solicitou hoxe que a Xunta convoque no ano 2020 o volume total de prazas MIR acreditadas polo Ministerio de Sanidade e que conten con titor, nas especialidades de medicina familiar e comunitaria, pediatría e enfermería familiar e comunitaria.

 

Así mesmo, demandou que a oferta dun contrato de continuidade por unha duración de ata tres anos a todos os residentes que finalicen a súa formación nestas especialidades, durante os anos que exista déficit destes profesionais no sistema público de saúde.

 

Aurelio Núñez lembrou que “o déficit de profesionais, nomeadamente de médicos de familia e doutras especialidades, non é unha situación exclusiva de Galicia, senón que afecta a todas as comunidades autónomas españolas, en moitos casos de xeito máis grave que na Comunidade galega”.

 

PROBLEMA A NIVEL EUROPEO

 

Neste sentido, referiuse a un informe do Ministerio de Sanidade (publicado no último número do xornal Diario Médico), no que se destaca que, “aínda que o número de médicos e persoal de enfermería tense incrementado en case todos os países europeos, é común o déficit de médicos, nomeadamente en zonas rurais e remotas, e fundamentalmente de médicos xeneralistas”.

 

Así mesmo, o informe indica que a planificación é complicada polos posibles cambios nas necesidades de profesionais, as correntes migratorias e o envellecemento dos cadros de persoal”.

 

O portavoz popular lamentou que “no Consello Interterritorial de Sanidade que convocou o Goberno socialista para a vindeira semana ningún dos 17 puntos da orde do día contempla unha soa referencia aos problemas da atención primaria nin ao déficit doutros especialistas, como tampouco aparece nas famosas 35 medidas sociais do programa socialista referencia algunha á sanidade primaria nin ás taxas de reposición”.

Síguenos nas redes sociais