Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG asegura que as novas ambulancias de Monforte, Salnés e Foz garanten a atención a calquera paciente e incrementan a supervivencia en patoloxías graves

10 Oct 2019

Santiago, 10 de outubro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe no Parlamento que as novas ambulancias de Monforte, Salnés e Foz, “dotadas de médico, enfermería e técnico de emerxencias sanitarias, garantirán a atención e o manexo de calquera paciente crítico, ademais de incrementar a supervivencia dos infartados, das paradas cardiorespiratorias ou o ictus”.

 

Núñez Centeno sinalou que estas tres novas ambulancias “forman parte dun novo modelo asistencial de atención ás urxencias e ás emerxencias que se está a implantar en Galicia” e representan un recurso de resposta inmediata para os traslados de doentes atendidos nos hospitais comarcais correspondentes e que teñan sufrido patoloxías graves témporo-dependentes, como un infarto agudo de miocardio, un ictus ou unha sepse”.

 

MELLORAS NO SERVIZO

 

“Este servizo incorpórase como unha mellora baseándose en estudos que o 061 realiza periodicamente, cos datos de servizos realizados e de recomendacións e estudos científicos que avalían a calidade da atención coa dotación de recursos humanos”, sinalou.

 

Así mesmo, o portavoz popular asegurou que “se os estudos indican que se precisa unha ampliación deste servizo de transporte sanitario urxente procederase ao incremento de recursos e horarios, nestas ou en calquera outra comarca galega, garantindo a accesibilidade, a equidade e a eficiencia da asistencia de máxima calidade a toda a poboación galega”.

Síguenos nas redes sociais