Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo reivindica para España un Goberno como o galego: garantía de estabilidade e comprometido con Galicia

25 Oct 2019

25, outubro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou para España un Goberno como o galego que, ademais de exercer as súas funcións, sexa garantía de estabilidade política, institucional e económica e de compromiso con Galicia. Neste punto, avogou pola “política útil”. 

Así, destacou que, un ano máis, a Xunta vén de aprobar, en tempo e forma, os Orzamentos para 2020, para seguir crecendo e creando emprego: “Galicia é un suposto excepcional”. Unhas contas, apuntou, para acadar unha Galicia máis verde, máis social, máis familiar e con menos impostos. E é que, tal e como subliñou, ningunha Comunidade apoia máis ás nais e pais que Galicia; agora, coa gratuidade das escolas infantís a partir do segundo fillo.

 

Feijóo salientou que o Partido Popular é garantía para que España conte con goberno e deixe atrás o desgoberno actual, ademais de ser a única formación capaz de devolver a estabilidade ao país e de defender os intereses de Galicia, porque, segundo sostivo, “cumprindo con Galicia, cumprimos con España”. Así mesmo, indicou que o PP é a única alternativa a un goberno que non está a actuar ante os sinais de alerta económica. Por iso, avogou por unir o voto para que as cousas cambien en España e se afronten os problemas. Para Feijóo, levamos 16 meses perdidos en tempo e en diñeiro.

 

OS GALEGOS CONTAN COA XUNTA

O líder do PPdeG sostivo que os galegos poden ter por seguro que coa Xunta sempre poderán contar, pero que precisan, igualmente, un Goberno de España que teña e manteña os seus compromisos coa nosa Comunidade, e que non prexudique á industria. E é que, tal e como dixo, as decisións do Executivo de Pedro Sánchez están a afectar ao emprego e a infraestruturas clave como o AVE.

 

De cara o vindeiro 10 de novembro, dixo que o PP é a única alternativa para que haxa un presidente, e non un candidato en permanente campaña electoral, e para que se dea prioridade a gobernar e non a cuestións partidistas. Por iso, avogou porque todos os votos que en abril querían outro goberno e non obtiveron escano se unan ao Partido Popular, para así acabar co bloqueo do país, ademais de para que non haxa un Executivo que dependa dos que alentan a división do país. Feijóo apuntou que os españois non poden pagar o fracaso destas lexislaturas, senón o seu único responsable: Pedro Sánchez. “Hai unha alternativa de ter un presidente, un goberno e unhas políticas distintas”.

 

Para rematar, o presidente do PPdeG referiuse á xuntanza desta mañá en Barcelona, na que o BNG lle daba a man tanto a Torra como a Bildu, pedindo a independencia: “Un pacto anti España e anti Galicia”. Para Feijóo, que o PSdeG, que ten como socio preferente de goberno ao BNG, dea leccións de centralidade “é un sarcarmo”.

Síguenos nas redes sociais