Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Pedro Puy afirma que o resultado das eleccións xerais demostraron que “non é positivo xogar a curto prazo con intereses partidistas”

11 Nov 2019

Santiago, 11 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “moi mal negocio para o conxunto do país” o resultado das eleccións xerais celebradas onte, nas que “quedou demostrado que non é positivo xogar a curto prazo con intereses partidistas”.

Puy manifestou que desde o PPdeG e o Grupo Popular “consideramos que hai que impulsar a Axenda Galega”, polo que no Pleno desta semana “volveremos a insistir na necesidade de que se aprobe un estatuto para as empresas electrointensivas, así como pedimos a construción da nova autovía entre Vigo e O Porriño, que xa fora comprometida polo anterior Goberno de Mariano Rajoy”.

 

Pedro Puy indicou que o resultado das eleccións xerais “demostra que foi un erro” a súa convocatoria porque “o señor Sánchez gana con menos escanos e menos posibilidades de formar coalicións; hai máis populismo, xa que tiñamos un partido de esquerda populista e agora hai outro de dereita populista con moita presenza no Congreso; e tamén hai máis independentismo, porque os partidos cataláns suman máis deputados, ademais da propia presenza dos nacionalistas galegos”.

 

“O que evidentemente estas eleccións confirman é que o PP é a alternativa e a forza líder da oposición, que vai exercer co rigor e lealdade preciso”, sinalou o portavoz popular, quen lembrou que “a quen lle corresponde chegar a acordos é a PSOE con quen denominou socios preferentes”.

 

OPOSICIÓN LEAL E RESPONSABLE

 

Deste xeito, incidiu que “o PP ten que desempeñar o papel de líder da oposición e facelo coa lealdade e responsabilidade que esixe un momento no que España está comezando a sufrir estas accións políticas de convocatorias electorais inxustificadas e baseadas unicamente en intereses persoais e partidistas, porque do que se trata é de comezar a actuar a nivel xeral, cuns orzamentos e tomando decisións en asuntos que afectan á Comunidade galega”, apuntou.

 

A nivel de Galicia, o portavoz popular salientou que “o PPdeG sube e o PSdeG baixa”. “O PP volve a ser a forza política máis votada na Comunidade galega, nun entorno no que continuaremos medrando se conseguimos recuperar en torno do PP á xente moderada e que confía nun partido que da estabilidade”, engadiu.

 

Puy concretou que “o PP incrementou en Galicia 4,5 puntos o seu número de votos respecto ás eleccións xerais do mes de abril, pasamos de 9 a 10 deputados e practicamente conseguimos un pleno de senadores”. Pola contra, “o PSOE baixou máis en Galicia do que baixou en España, ao tempo que Podemos tamén perdeu 50.000 votos.”

 

Neste sentido, lamentou que “hai moitos votos que poderían ter confiado no noso partido e incrementada a presenza do centro dereita no Congreso e no Senado, pero os 114.000 votos de VOX e os 63.000 de Ciudadanos quedaron sen representación”.

Síguenos nas redes sociais