Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG salienta que Galicia leve sete anos nunha senda de crecemento sostible e continuado polas políticas económicas do actual Goberno galego

12 Nov 2019

Santiago, 12 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Jackeline Fernández salientou hoxe no Pleno do Parlamento que a política económica desenvolvida polo Goberno do Partido Popular en Galicia “conseguiron que esta comunidade estea nunha senda de crecemento sostible e continuado desde hai sete anos, moi lonxe de afundir a nosa economía como presaxiaban os grupos da oposición”.

 

Jackeline Fernández concretou que ao longo da presente lexislatura “incrementouse en 1.100 millóns de euros o investimento público en sanidade, educación e servizos sociais, chegando este ano aos 4.106 millóns de euros para sanidade, 2.465 millóns para educación e 830 millóns para servizos sociais”. “Hai máis recursos que nunca, ou o que é o mesmo máis prazas de médicos e enfermeiros, máis colexios públicos, coidadores e orientadores ou máis cartos para dependencia”, puntualizou.

 

ASUMIR O GASTO EN DEPENDENCIA

 

Na súa intervención, a deputada popular criticou que a oposición “pretenda equiparar o orzamento da Xunta para 2020 co de 2009, sabendo que os orzamentos de 2009 supoñían unha gran estafa e unha gran mentira pois estaban inflados en 1.600 millóns de euros que quedaron a deber e que aínda estamos a pagar a día de hoxe como consecuencia das liquidacións negativas”. “E vostedes pretenden volver a esa burbulla e a eses orzamentos fantasmas”, dixo.

 

Ademais, Fernández demandou que o Goberno central “asuma o 50 por cento do gasto en dependencia, unha solicitude que é unha máxima reclamada tanto pola Xunta como polo PPdeG e incorporada na Axenda Galega aprobada polo Consello do Goberno galego”.

Síguenos nas redes sociais