Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular afirma que a Xunta busca “solucións e impactos positivos para o sector naval galego e, máis en concreto, para o estaleiro Barreras”

21 Nov 2019

Santiago, 19 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “está a buscar solucións e impactos positivos con accións para o sector naval galego, e máis en concreto para o estaleiro Barreras”, polo que considerou “un despropósito que os socialistas pidan informes agoreiros que pouco aportarían aos milleiros de familias que viven deste sector”.

 

Teresa Egerique lamentou “as críticas e oportunismo dos socialistas galegos buscando unicamente a rendibilidade electoral e o oportunismo político, en lugar de colaborar e buscar solucións para o sector naval”. “Piden inversores, pero cando chegan non fan máis que criticalos”, sinalou.

 

“Estamos por arranxar a situación en Barreras sen nada que ocultar e seguiremos traballando para garantir o mantemento de todos os contratos que este estaleiro ten en vigor e que teña en conta as empresas auxiliares que están participando neses proxectos”, afirmou.

Síguenos nas redes sociais