Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG salienta que o arquivo do caso da hepatite C recoñece que a actuación do Sergas respondeu unicamente a criterios dos especialistas e totalmente allea a intereses económicos

28 Nov 2019

Santiago, 27 de novembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou esta tarde que o auto do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago que arquiva o caso da hepatite C “recoñece a correcta actuación desenvolvida polos cargos do Sergas, que respondeu unicamente a criterios dos especialistas médicos e totalmente allea a intereses económicos, como denunciaron ata a saciedade os grupos da oposición e organizacións interesadas”.

 

Aurelio Núñez sinalou que “a insistencia coa que a oposición utilizou este procedemento para intentar desgastar á sanidade pública galega e aos seus responsables non está a ser a mesma para pedir agora desculpas públicas e recoñecer que se equivocaron ao longo deste tempo”.

 

A OPOSICIÓN DEBE ASUMIR O SEU ERRO

 

“O primeiro que se merecen as dúas persoas que foron profusamente investigadas e que se viron inmersas nunha exhaustiva investigación xudicial, para a que tanto o Sergas como a Xunta sempre amosaron a súa plena colaboración, é que a oposición asuma o seu erro e isto lle sirva para reconducir a súa política e as súas críticas constantes ao sistema sanitario galego”, manifestou.

 

O portavoz popular salientou que este auto “confirma que tanto Félix Rubial como Carolina González-Criado son uns magníficos profesionais, que actuaron coa debida celeridade e dilixencia na tramitación dos tratamentos médicos, buscando fundamentalmente o benestar dos pacientes afectados pola hepatite C respectando o criterio dos especialistas”.

 

INCORPORAR AO PLAN DE TRABALLO DA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN

 

“Ademais, este auto coincide coas opinións expresadas polos voceiros do Grupo Popular nas nosas intervencións no Parlamento galego, así como coas valoracións feitas polos expertos independentes que participaron na Comisión de Investigación sobre a sanidade galega que se celebrou hai uns meses neste Parlamento”, indicou.

 

Neste sentido, Aurelio Núñez avanzou que o Grupo Popular xa solicitou a incorporación deste auto do Xulgado número 3 de Santiago ao Plan de Traballo desta Comisión de Investigación.

Síguenos nas redes sociais