Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento galego aproba a lei para garantir o abastecemento de auga nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario

03 Dic 2019

Santiago, 3 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova Lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, unha norma “na que todos estamos de acordo que é necesaria e na que se recoñece que é imprescindible un marco de colaboración entre todas as administracións para garantir o subministro a toda a poboación”, sinalou o portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor.

 

Na súa intervención, Trenor salientou que a través desta nova lei a Xunta dará apoio técnico e financeiro aos concellos para garantir o subministro de auga, “respectando en todo momento a autonomía local, porque as competencias en materia de abastecemento son fundamentalmente municipais”. Así mesmo, demandou que as deputacións provinciais deben apoiar aos concellos para o cumprimento desta competencia.

 

CAMBIAR O XEITO DE XESTIONAR A AUGA

 

O portavoz popular concretou que “o obxectivo principal desta lei é garantir a subministración de auga en cantidade e calidade axeitadas á poboación, reducir a vulnerabilidade dos sistemas e protexer a saúde pública fronte a situacións adversas como a seca”.

 

Neste sentido, indicou que “establece medidas para garantir o abastecemento de auga en épocas de seca ou de risco sanitario, como a vivida en Galicia no ano 2017, que puxo en evidencia que é necesario cambiar, con carácter xeral, o xeito de xestionar a auga, procurando unha maior eficiencia e evitando os súas perdas, o seu derroche ou consumo irresponsable”.

 

Unha das cuestións importantes que se recolle nesta lei é o deber de que todos os concellos ou entidades titulares de sistemas de abastecemento con máis de 20.000 habitantes se doten dun Plan de emerxencia fronte á seca, para o que disporán de dous anos para elaboralos e  contarán coa asistencia tanto económica como técnica da Xunta.

 

Ademais, en relación á mellora das redes de abastecemento, a lei establece que vai ser obrigatorio dispor de contadores homologados de caudal tanto nos puntos de captación de auga como nos puntos de subministración final. O obxectivo é situar as fugas de auga das redes de abastecemento por debaixo do 20 por cento fronte ao 40 por cento, que se estima de perdas na actualidade.

Síguenos nas redes sociais