O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE BNG, AGE E GRUPO MIXTO REXEITARAN UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOLICITANDO UNHA NOVA INVESTIGACIÓN INDEPENDENTE SOBRE O ACCIDENTE DE ANGROIS ·    A proposta considera imprescindible que se coñeza a verdade do que pasou a través dun informe técnico incontrovertido ·    O Grupo Popular reitera o seu compromiso de apoiar todas as investigacións técnicas que contribúan a esclarecer as causas deste accidente Santiago, 12 de xullo de 2016.- O Grupo Popular lamenta que os grupos parlamentarios do BNG, AGE e Mixto priorizaran os seus intereses políticos sobre a investigación das causas do accidente de Angrois, ao rexeitar a proposta de declaración institucional que lles propuxo para que o Parlamento de Galicia solicitara a apertura dunha investigación independente tal e como demanda o informe da Axencia Europea do Ferrocarril. O Grupo Socialista amosou o seu acordo coa lectura desta proposta de declaración institucional. A proposta de declaración considera imprescindible, como acto de xustiza coas vítimas, os seus familiares e os seus achegados, e como garantía da seguridade do funcionamento dos servizos públicos, que se coñeza a verdade do que pasou a través dun informe técnico incontrovertido. O Grupo Popular reitera o seu compromiso de apoiar todas as investigacións…
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, mantivo hoxe unha reunión con membros da directiva da Federación Galega de Xoves Empresarios (AJE Galicia) na súa sede situada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.   Acompañado por membros do equipo redactor do programa electoral como o coordinador de Economía e Emprego Borja Verea ou o deputado Gonzalo Trénor, Tellado salientou que o PPdeG ten iniciado xa o proceso de “recoller propostas de cara á elaboración do programa electoral” das vindeiras eleccións autonómicas para elaborar “a folla de ruta do próximo goberno de Galicia para o horizonte 2016-2020”.   Nese propósito enmarcou a xira emprendida polo candidato Alberto Núñez Feijóo a distintos concellos da Comunidade, así como as reunións de “responsables do partido e membros do equipo redactor do programa” con entidades sociais.    O PPdeG, destacou Tellado, “como partido que quere representar á maioría social de Galicia” debe “saber escoitar aos colectivos que conforman unha sociedade activa e dinámica como é a galega”.   Dentro destes colectivos, Tellado quixo salientar ao de xoves empresarios xa que, afirmou “son os que xeran as condicións necesarias para crear emprego” nunha Galicia que…
Esta situación “demostra que o PP ofrece estabilidade institucional, ao tempo que diálogo coa oposición”, asegura o portavoz popular PEDRO PUY DESTACA QUE NINGUNHA DAS LEIS QUE MAÑÁ SE APROBARÁN NO PLENO TIVO VOTO EN CONTRA NO SEU DEBATE EN COMISIÓN Santiago, 11 de xullo de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que todos os textos lexislativos que mañá se debaterán para a súa aprobación en Pleno “chegan sen ningún voto en contra en Comisión, o que demostra que o PP ofrece estabilidade institucional, ao tempo que diálogo coa oposición”. Pedro Puy informou que o Pleno elixirá mañá aos tres senadores en representación da Comunidade galega, dos que dous corresponden ao Partido Popular: Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez Pérez. Así mesmo, designarase aos novos membros do Consello Social da Universidade de A Coruña, que por parte do Grupo Popular proponse a Luis Ramiro Díaz López, presidente da empresa de enerxías renovables Vectia, S.L.; Luis Felipe Llamas Gómez, director da refinería de Repsol en A Coruña; e o letrado e asesor concursal Jaime Fernández-Obanza Carro. Ademais da comparecencia da Valedora do Pobo para dar conta do seu informe anual correspondente a 2015, a sesión…
  Feijóo sairá á rúa no verán para consultar a cada galego sobre “A Galicia que ti queres” ·    O candidato do PPdeG visitará concellos e parroquias de toda Galicia acompañado dun banco no que conversar coa cidadanía e dunha urna para recibir propostas ·    A xira será complementada con instrumentos tecnolóxicos de escoita: ademais do whatsapp xa existente, Feijóo contará cunha conta de twitter e cunha web propias Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, presentou hoxe na sede autonómica de partido a ruta “A Galicia que ti queres”, coa que o PPdeG busca estar “de volta na rúa” e “en primeira persoa”. Para isto, o presidente e candidato do PPdeG ás eleccións autonómicas, Alberto Núñez Feijóo, percorrerá Galicia este verán para, segundo Tellado, “poder falar en persoa cos galegos e coas galegas”. Farao acompañado dun banco que actuará como faladoiro, “un espazo de conversa de ti a ti entre Feijóo e os galegos”, e dunha urna na que as persoas poderán depositar propostas que definan “o que esperan de nós como partido e como goberno”. Tellado considera que será un xeito de “facer partícipes aos galegos e as galegas…
O GRUPO POPULAR AFIRMA QUE A RECUPERACIÓN DO SECTOR NAVAL GALEGO SUSTÉNTASE NA INNOVACIÓN E NA DIVERSIFICACIÓN ·    “O traballo conxunto das empresas e da Xunta serviu para asentar un cambio de dinámica na actividade do sector e que hoxe haxa actividade nas gradas dos estaleiros e nas empresas auxiliares”, asegurou Dorado Santiago, 7 de xullo de 2016.- O deputado do Grupo Popular Javier Dorado afirmou hoxe no Parlamento que “a recuperación do sector naval galego susténtase en dous piares fundamentais: a innovación como vantaxe competitiva e a diversificación, que está a potenciar a súa capacidade e o know-how  para impulsar proxectos en novos sectores como a eólica offshore ou o mercado de buques de gas natural licuado”. Dorado subliñou que a Xunta de Galicia “mantén un apoio continuado para o sector no seu conxunto para procurar que os estaleiros galegos se sumen, canto antes, á industria 4.0 e estean na mellor disposición para competir a nivel global, recuperando a actividade e o emprego e asegurando o seu futuro”. TRABALLO INTENSO Na súa intervención, o deputado popular lembrou que o actual Goberno galego “ten traballado intensamente na defensa e consolidación dun novo marco de financiamento e fiscalidade para o sector…
PUY SALIENTA QUE O PARLAMENTO CUMPRIU O OBXECTIVO DE SER O CENTRO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ, DE DEBATE E DE ACTIVIDADE POLÍTICA ·    Destacou que cinco das seis leis que se debaterán no Pleno chegan sen voto en contra ·    O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria solicitar que o Concello de Vigo se adhiera ao programa de vivendas baleiras da Xunta e que o Goberno galego estenda a plataforma É-Saúde ao conxunto da cidadanía galega Santiago, 5 de xullo de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o Parlamento galego cumpriu nesta lexislatura “o obxectivo de ser o centro da participación cidadá, de debate e da actividade política, ata o punto de que é un perfecto espello da situación política: un partido que ofrece estabilidade e diálogo mentres que en fronte hai unha alternativa de goberno moito máis dividida do que estaba cando comezou a lexislatura e sen moita capacidade de ofrecer alternativas, salvo algunhas políticas de xestos”. Na comparecencia posterior á reunión da Xunta de Portavoces, Pedro Puy agradeceu aos portavoces dos grupos da oposición “a súa predisposición a permitir que os horarios do Pleno da vindeira semana sexan razoables, dada a alta concentración de…
PEDRO PUY AVANZA QUE SEIS INICIATIVAS LEXISLATIVAS ESTÁN EN DISPOSICIÓN DE APROBARSE NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA ·    A modificación das leis da área metropolitana de Vigo e de violencia de xénero; o Plan galego de estatística 2017-2021; a creación dos colexios provinciais de economistas e do Colexio Oficial de terapeutas ocupacionais; e a actualización do transporte público son as normas listas para o seu debate definitivo Santiago, 4 de xullo de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que “seis iniciativas lexislativas están en disposición para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno”. Ademais deste alto contido lexislativo, a sesión plenaria tamén incorporará a presentación do informe ordinario da Valedora do Pobo e a elección dos senadores en representación da Comunidade galega e de seis membros do Consello Social da Universidade de A Coruña. Pedro Puy apuntou que o Grupo Popular proporá mañá na Xunta de Portavoces a inclusión na orde do día da sesión plenaria da vindeira semana da designación dos tres senadores en representación da Comunidade galega, dos que dous corresponden ao PP e o outro ao PSOE. “O obxectivo é que estes representantes poidan estar presentes o día de constitución do novo…
A Comisión 2ª aprobou esta mañá o ditame deste texto normativo promovido polo Grupo Popular A PROPOSICIÓN DE LEI PARA A ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA, PENDENTE DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA EN SESIÓN PLENARIASantiago, 4 de xullo de 2016.- O ditame da proposición de Lei para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, promovida polo Grupo Popular, recibiu hoxe a súa aprobación na Comisión 2ª do Parlamento, co que queda pendente do seu debate definitivo en sesión plenaria. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Jesús Goldar, asegurou que esta norma “establece mecanismos para afrontar unha intensa modernización do servizos público e a súa plena adaptación ás demandas da sociedade para as próximas décadas”. Jesús Goldar lembrou que a sentenza 1067/2016 do Tribunal Supremo anulaba a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade de febreiro de 2010 que aprobaba o Plan de modernización das concesións do transporte público regular. “Esta sentenza provocaba que dos 145 contratos de transporte interurbano existentes en 2009, só 14 manterían a súa vixencia”, apuntou. ACTUACIÓN URXENTE Deste xeito, o portavoz popular sinalou que esta situación “requiría unha actuación urxente que garanta a prestación do servizo público de transporte en Galicia coas…
APROBADO O DITAME DA MODIFICACIÓN DA LEI DE VIOLENCIA DE XÉNERO QUE ESTENDE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS A TODO O ANO E INCORPORA ÁS MULLERES VÍTIMAS DE TRATA Santiago, 4 de xullo de 2016.- A Comisión 5ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de lei de modificación da Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que o prazo para a solicitude de axudas se estenda a todo o ano e se permita o acceso das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual a estas percepcións. O texto lexislativo queda en disposición da súa aprobación definitiva en sesión plenaria. A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Rosa Oubiña, lembrou que estas prestacións económicas para as mulleres vítimas de violencia machista “están establecidas desde a aprobación da Lei galega 11/2007, polo que se veñen convocando anualmente e o seu orzamento foise incrementando ano tras ano”. MODIFICACIÓN DA NORMATIVA VIXENTE En concreto, Oubiña lembrou que o Grupo Popular xa manifestou no debate de toma en consideración da proposición de lei presentada polo BNG e despois nas emendas rexistradas que o obxectivo “non era levar adiante este…

Síguenos nas redes sociais