Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Sanxenxo, 17 de xullo de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, clausurou esta mañá o Congreso do Partido Popular de Sanxenxo, que elixiu a Telmo Martín como presidente local.   Tellado felicitou á militancia sanxenxina por ter “recuperado a normalidade orgánica” despois de máis dunha década cunha xestora ao mando do partido e instou a Telmo Martín a aproveitar este feito para “que coide esa unidade e a reforce porque é o noso principal activo”.   O número dous dos populares galegos lembrou o complicado reto que o partido ten por diante en Galicia coas eleccións autonómicas de outono: un reto que cualificou de “complicadísimo” porque “aspiramos ao excepcional”, a ter a maioría absoluta “que ningún candidato ten conseguido nas demais comunidades autónomas”.   Ante este reto, Tellado lembrou que “só o poderemos alcanzar se chegamos á cita electoral na nosa mellor forma e na nosa mellor versión: máis activos que nunca e máis unidos que nunca”. O secretario xeral sostivo que a sociedade percibe no PPdeG un partido vivo e dinámico sen que isto o converta “nun lío permanente”.   No lado oposto situou aos partidos da oposición, aos que considerou que a súa desunión “tenos…
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016.-   O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu no día de hoxe unha rolda de prensa na que anunciou a próxima celebración por parte do PPdeG dun acto de celebración do Día de Galicia. Dito acto terá lugar na tarde do venres 22 de xullo no Xardín Botánico de Padrón.   Tellado explicou a elección de Padrón polo simbolismo que aporta a celebración dun acto “rodeados de árbores senlleiras que simbolizan o enraizamento do partido coa nosa terra e rodeados de referencias literarias plurais que nos identifican como partido que exerce un galeguismo integrador en lugar dun nacionalismo sectario”.   Abondando neste contraste, o número dous do PPdeG defendeu que, fronte a “partidos que reivindican o seu amor a Galicia dende o odio” e “que desprezan ás eleccións políticas da maioría social galega e non aceptan a pluralidade ideolóxica, identitaria ou lingüística do noso país”, o PPdeG “ve Galicia con orgullo e por iso é o partido que máis se parece a ela”.   “Nós dicimos que Galicia, por moitos motivos, non é Castela nin é Madrid, pero o dicimos sen ter nada en contra de Castela nin de Madrid…
Santiago, 14 de xullo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe unha inxección de preto de 15 millóns de euros para impulsar a investigación universitaria máis excelente e competitiva en Galicia. Trátase de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, así como para outras accións investigadoras nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.   Como indicou, trátase de axudas convocadas conxuntamente polas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e pola de Economía, Emprego e Industria dirixidas a grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes de investigación e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente.   O obxectivo é dobre: asegurar que tanto os grupos como as redes de investigación conten cun financiamento estrutural e continuado vinculado a criterios de calidade e, paralelamente, atender as diferentes realidades de investigadores individuais que xa contan cunha traxectoria excelente que agora teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto no ámbito nacional e internacional.   Segundo o presidente, trátase de asegurar un financiamento axeitado e sostido no tempo para que os investigadores e os…
Santiago, 14 de xullo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un novo investimento de 12 millóns de euros en préstamos para as pemes tras completar o programa Jeremie e constatar que se trata dunha fórmula financeira pioneira e útil.   Esta nova liña de axudas mobilizará máis de 20 millóns de euros en investimentos, e seguindo o exemplo dos préstamos Jeremie, terá uns vantaxosos tipos de xuro, cun interese máximo do 0,7% máis Euríbor.   Segundo lembrou o presidente, trátase dunha das medidas que se comprometeron no terceiro paquete do superávit de responsabilidade acadado por ter cumprido o déficit ao longo dos últimos anos. O obxectivo con esta nova iniciativa é aproveitar eses fondos adicionais para incentivar a economía e facilitar novos investimentos, especialmente das pequenas e medianas empresas.     O balance que deixan os préstamos Jeremie   Feijóo lembrou que os préstamos Jeremie permitiron, nos dous últimos anos, incorporar á economía 26,6 millóns de euros de investimento público para mobilizar 45 millóns de euros en 83 operacións, xerando ou mantendo 1.800 postos de traballo.   Estes préstamos centráronse no eido industrial, que concentra o 62% do importe concedido. O 18% do total vai…
Santiago, 14 de xullo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, que a Xunta vai activar catro programas de apoios para impulsar a mellora da cualificación e a inserción laboral de case 3.700 persoas sen traballo. Con isto, búscase axudar a ampliar as súas oportunidades laborais e incentivar a súa contratación por parte das empresas. O investimento total destas liñas específicas está valorado en 15 millóns de euros.   A través destas actuacións, a Xunta dá un novo impulso á Axenda 20 para o Emprego coa que se está a impulsar a calidade e estabilidade no mercado laboral ata 2020. Esta planificación, segundo lembrou Feijóo, pretende a creación de 100.000 novos empregos e reducir a taxa de paro en Galicia ata unha cifra por debaixo dos dous díxitos. De feito, grazas a ela, xa se activaron nos primeiros seis meses do ano axudas en emprego por valor de arredor de 150 millóns de euros.     As catro liñas de axudas   Segundo detallou o presidente, a primeira liña de axudas, o programa Aprol Rural, destinará 6,9 millóns a entidades locais emprazadas no rural cuxa poboación sexa igual ou…
Santiago, 14 de xullo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que os galardoados este ano coa Medalla de Ouro de Galicia son Manuel Gallego Jorreto, Francisco Leiro Lois, Basilio Losada Castro e o grupo Los Suaves. Así o acordou o Consello da Xunta na súa reunión desta mañá, que aprobou o decreto polo que se concede esta distinción. A Medalla de Ouro de Galicia, que lles será entregada aos premiados nun acto solemne que se celebrará o vindeiro 24 de xullo é, segundo Feijóo, “o máximo recoñecemento que Galicia lle fai a exemplos a seguir”. “Un agradecemento en forma de medalla a aquelas persoas, institucións e fundacións cuxa actividade honra a nosa terra e fai unha mellor Galicia”, dixo. Manuel Gallego Jorreto Galego do Carballiño, licenciado e doutor en Arquitectura, ten un ampla traxectoria e un gran recoñecemento na súa disciplina. Comezou a traballar no estudio de Alejandro de la Sota, logo de completar a súa formación en Noruega. Tamén exerceu como profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismos da Universidade da Coruña durante máis de 20 anos. Aínda que traballou en vivendas privadas, os edificios máis recoñecidos están dentro das obras promovidas polas…
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016.- O presidente dos populares galegos e candidato do partido ás eleccións autonómicas de outono, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte encontros coa veciñanza dos concellos de Negreira e Teo.Estes encontros forman parte da xira ‘A Galicia que ti queres’ deseñada polo Partido Popular de Galicia para fomentar o contacto directo do candidato coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral. Así, Feijóo visitará concellos de toda Galicia acompañado dun banco ou ‘faladoiro’ no que sentarse a conversar coa veciñanza para escoitar as súas inquedanzas e dunha urna no que estas persoas poidan depositar, do seu puño e letra, as súas propostas de actuacións para o goberno.No seu paseo por Negreira, o presidente Feijóo aproveitou para escoitar as impresións dos veciños máis novos da vila mentres que no Concello de Teo deu un paseo pola travesía de Cacheiras durante o que non perdeu a oportunidade de visitar o restaurante da familia do finado alcalde Armando Blanco.Nesta fin de semana, o candidato do PPdeG continuará esta xira con visitas a concellos das provincias de Pontevedra e Coruña, mentres que a semana que…
O PARLAMENTO APROBA A LEI DE CREACIÓN DO COLEXIO OFICIAL DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS ·    Galicia súmase ás 12 comunidades españolas que xa contan con este colexio profesional Santiago, 12 de xullo de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de creación do Colexio oficial de terapeutas ocupacionais de Galicia. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, concretou que se trata “dunha norma demandada polos profesionais destes colectivo e que se fundamenta na protección efectiva do dereito á saúde, dirixida a ordenar o exercicio da profesión, controlando o cumprimento das normas deontolóxicas para protexer os intereses dos usuarios no desenvolvemento das actividades destes profesionais”. Núñez Centeno xustificou a necesidade de creación dun Colexio oficial de terapeutas ocupacionais en Galicia no elevado número de promocións de diplomados e graduados que saen da Facultade de Ciencias da Saúde de Santiago; a defensa, representación, asistencia e xestión en beneficio dos profesionais; e a promoción, publicación e difusión da terapia ocupacional diante das administracións públicas, institucións, entidades e outros colectivos. POTENCIAR OU SUPLIR FUNCIÓNS FÍSICAS OU PSÍQUICAS Coa aprobación desta lei, Galicia súmase ás doce comunidades autónomas que xa contan con colexios profesionais de terapeutas ocupacionais, agrupadas a nivel nacional no…
O PLENO DO PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A MODIFICACIÓN DA LEI DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO, QUE RECOÑECE A ESTA CIDADE A SÚA CONDICIÓN DE CAPITALIDADE ·    O deputado popular sinalou que “un dos maiores valores que ten o novo texto lexislativo é o alto grao de consenso acadado Santiago, 12 de xullo de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a modificación da Lei da área metropolitana de Vigo, a través da que se recoñece a capitalidade a esta cidade e se recolle a participación desta entidade supramunicipal nos tributos do Estado e da Xunta destinados ás entidades locais. O deputado do Grupo Popular, Javier Dorado, asegurou que “esta lexislatura que está a piques de rematar pasará á historia como a lexislatura de Vigo, xa que non se recorda outra onde esta cidade focalizara de maneira tan evidente a atención da Xunta”. Javier Dorado salientou que “un dos maiores valores que ten o novo texto lexislativo é o alto grao de consenso acadado nas distintas fases da súa elaboración, tanto entre alcaldes, as cámaras municipais, a Xunta e este Parlamento”. “Este texto é o froito do traballo de moitas persoas que desde hai oitenta anos, con menor ou maior intensidade,…

Síguenos nas redes sociais