Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Sevilla, 6 de decembro de 2015.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que só con coherencia territorial, económica e política podemos garantir que a España plural siga sendo útil para todos. Así se expresou nun acto da campaña electoral do PP celebrado hoxe en Sevilla onde acompañou ao presidente dos populares andaluces, Juanma Moreno. Alí afirmou que aínda que escoitamos a moitos políticos salientar o moito que cren no noso país, pronto se contradin cos seus feitos porque, segundo apuntou, dos que queren romper España é imposible esperar nada razoable ou coherente.  Nesa liña, Feijóo sinalou que non podemos esperar que defendan a unidade de España os mesmos que tiveron condescendencia co principio do desafío soberanista ou os mesmos que queren concederlle un referendum para decidir o futuro de todo o país só a un parte dos españois. Do mesmo xeito, asegurou que tampouco defenden o país aqueles que falan de igualdade dos españois, pero logo non apoian que uns cidadáns teñan os mesmos servizos ou as mesmas infraestruturas que outros levan décadas gozando. DIFERENTES PROPOSTAS ECONÓMICAS Ademais, Feijóo tamén destacou que o único partido que acreditou sobradamente que ten a coherencia e a capacidade para xestionar…
Lalín, 5 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o PP é o único partido que defende a Galicia e España da mala xestión, da ruptura e da discriminación ante os que nunca din España ou que nunca se lles escoita dicir Galicia. Así se expresaba o líder do PPdeG nun mitin celebrado hoxe en Lalín onde estivo acompañado pola candidata número un ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, e polo candidato número tres ao Senado por esa mesma provincia, José Crespo. Neste acto, Feijóo salientou que os populares acadaron que xiraran as nosas expectativas cara a certeza dun futuro mellor e garanten que se siga creando emprego e baixando impostos, recordando así que non se vai repoñer o tributo de sucesións que tanto custou quitar en Galicia. Ao mesmo tempo, engadiu tamén que o PP reivindica os valores constitucionais e cre na cohesión territorial, no cumprimento da legalidade e no investimento para equipararnos en oportunidades. Pola contra, o mandatario galego sinalou que nin van defender Galicia os que din que non lles importa nada España; nin van defender o país os que demostran que non lles preocupa a nosa comunidade; así…
Lugo, 4 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta tarde que “a continuidade de Rajoy como presidente é a mellor garantía de que Galicia siga sendo prioridade do Goberno de España”.  Neste senso, Feijóo lembrou que o Goberno de Rajoy foi o que investiu entre un 12 e un 14% dos Orzamentos Xerais do Estado en Galicia durante os últimos anos mentres no pasado os socialistas e nacionalistas loitaban para que se investise en Galicia polo menos un 8% e mentres o Goberno de Zapatero o máximo que investiu na Comunidade foi un 9%.  Así o recordaba o dirixente popular no acto de Balance do Goberno de Rajoy con Galicia, no que estivo acompañado pola candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, e polo candidato ao Senado pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro. Alí, o líder do PPdeG facía fincapé en que un goberno coas arcas do Estado repletas esqueceuse de Galicia, mentres que outro goberno encargado de xestionar a maior crise económica tivo sempre Galicia como prioridade.  Na mesma liña, o líder dos populares galegos engadiu que apostar pola continuidade de Rajoy como presidente do Goberno é a mellor garantía…
Participa na Coruña no acto de pegada de carteis que da inicio á campaña do PP acompañando aos candidatos populares da provincia ás Cortes Xerais do Estado Feijóo pide o voto para seguir creando emprego e sinala que non hai opcións intermedias a que a alternativa sexa a volta do PSOE  • Apunta que, mentres uns só traballan pola súa imaxe, Mariano Rajoy faino polo seu país, sendo España e a recuperación a súa ambición • Di que pode volver a mala experiencia do pasado cos socialistas ou pode seguir a certeza de que o país seguirá adiante co PP • Sinala que os populares defenden España e aos galegos, representan o sentir de Galicia e demostraron o que lles importa cos investimentos realizados estes anos A Coruña, 4 de decembro de 2015.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para seguir creando emprego, continuar avanzando e consolidando a melloría acadada co obxectivo de que chegue a todas as familias. Segundo o líder dos populares galegos, que asistiu ao acto de pegada de carteis que deu inicio á campaña electoral do PP e que tivo lugar na Coruña, non hai opcións intermedias nestas eleccións a que…
Feijóo avanzou hoxe que a Xunta inicia o deseño do Plan de Apoio á Natalidade coa Tarxeta Benvida, que achegará 100 euros ao mes para os nenos e nenas que nazan a partir do 1 de xaneiro de 2016. Como sinalou o máximo responsable autonómico, trátase dunha tarxeta coa que as nais e os pais galegos poderán costear parte dos gastos que ten un bebé nos seus primeiros momentos de vida. Neste senso, quixo destacar tres aspectos fundamentais. Por unha banda, o titular da Xunta puxo en valor a axilidade coa que se ten desenvolvido o proceso de preparación desta tarxeta, que ten unha complexidade administrativa importante. Con respecto a isto, recoñeceu que, pese a iso, todo está listo para que o próximo 30 de decembro o Diario Oficial de Galicia publique a orde correspondente, é dicir, para que os pais poidan solicitar a axuda desde o mesmo 1 de xaneiro do ano que vén. En segundo lugar, subliñou que se teña chegado a un plantexamento máis ambicioso que o que se barallara inicialmente, para poder chegar a máis familias e para chegar a todos os tipos de familias: máis familias porque o 85% das familias recibirán esa tarxeta benvida…
Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe a aprobación do primeiro Plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia-Costa, a única que depende só da nosa comunidade. Este documento abrangue o período 2015-2021, intégrase no Plan Hidrolóxico que se aprobou o pasado mes de outubro e adáptase á normativa europea e estatal. Os avances técnicos aínda non nos permiten prever as catástrofes naturais, nin moito menos evitalas, pero o que si está nas nosas mans é darlles a mellor resposta posible, de xeito coordinado e tendo sempre como obxectivo minimizar os danos que poidan producir estes fenómenos naturais, explicou o presidente. Este Plan de xestión mobilizará un orzamento de 67,8 millóns de euros, dos que a Xunta achegará o 70% (máis de 47 millóns) e o outro 30% achegaranos outras administracións afectadas. Deses 67,8 millóns, o 62,4% van destinados a mellorar os sistemas de protección ante inundacións. O obxectivos básicos deste documento son dous: diminuír o risco de inundación e reducir as consecuencias negativas que poidan producir. Áreas de risco potencial significativo de inundación A creación do Plan de xestión de risco de inundacións, segundo explicou o presidente, seguiu tres etapas. A primeira foi a avaliación preliminar do risco de…
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a autorización de tres novos parques eólicos do concurso en marcha, que supoñerán un investimento de máis de 115 millóns de euros. Como destacou, a Xunta segue así a impulsar a reactivación do sector eólico en Galicia, posto que considera que é unha das súas grandes potencialidades para afrontar o actual escenario enerxético. Segundo concretou o máximo responsable autonómico, un dos parques está situado entre os concellos de Friol, Begonte e Outeiro de Rei, outro no municipio de Agolada e outro nos concellos de A Cañiza e Covelo. No que atinxe ao parque de Friol, Begonte e Outeiro de Rei, Feijóo destacou que este contempla un investimento de máis de 20 millóns de euros e estará composto por sete aeroxeradores que, cunha potencia total de 21 megavatios, producirán o equivalente ao consumo anual de máis de 15.600 fogares galegos. Pola súa banda, o parque de Agolada supón un investimento superior a 52 millóns de euros e sumará 10 aeroxeradores cunha potencia de 42 megavatios. Neste caso, estímase que a produción de enerxía anual aproximarase ao equivalente ao consumo por exercicio de máis de 28.000 familias. No caso do parque de A…
PEDRO PUY DEFENDE UNS ORZAMENTOS CON MENOS DÉFICIT, MENOS DÉBEDA, MENOS CARGA TRIBUTARIA E MÁIS GASTO SOCIAL ·    “Nos opoñemos a estas novas figuras tributarias porque son contraditorias co argumento duns orzamentos expansivos, que incrementan o gasto público ademais de permitir aos cidadáns dispor de máis cartos pola rebaixa de impostos”, indicou Santiago, 3 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou esta mañá no Parlamento, no debate para a elaboración do ditame dos orzamentos, que as contas da Xunta para 2016 presentan “menos déficit, menos débeda, menos carga tributaria para os cidadáns e máis gasto social en sanidade, educación, atención ás persoas e emprego”. Pedro Puy manifestou que nestes orzamentos “temos máis ingresos como consecuencia de que a actividade económica vai mellor, aforramos aproximadamente 140 millóns de euros aos galegos no pago dos impostos sobre a renda e sucesións, favorecemos a transmisións no rural e é a primeira vez que reducimos a relación débeda/PIB desde que se iniciou a crise”. ORZAMENTOS EXPANSIVOS En referencia ás emendas presentadas polos grupos da oposición, o portavoz popular criticou a bloque dirixido ao incremento dos ingresos, que se sustenta na creación de novas figuras tributarias, “que se trasladarían en…
O Parlamento aproba a proposta do GPP para converter o turismo de saúde nunha das grandes fortalezas de Galicia como destino ·    “Temos o recurso natural, as augas mineromedicinais, temos as infraestruturas, os equipamentos e os servizos de calidade, só queda levar a cabo a creación dun novo produto turístico”indicou a voceira de Turismo Cristina Romero Santiago, 2 de decembro de 2015.- O Parlamento de Galicia ven de aprobar unha iniciativa do PPdeGalicia, aprobada só cos votos dos populares, encamiñada a creación do produto turístico “Turismo de Saúde” para que este “se converta nunha das grandes fortalezas de Galicia como destino, xunto co Camiño de Santiago, a enogastronomía e o patrimonio cultural e natural” segundo defendeu a voceira de Turismo, Cristina Romero. A deputada popular fixo referencia a tendencia crecente e a xeración de riqueza que supón o turismo de saúde a nivel mundial, e da “oportunidade que non pode deixar escapar Galicia, e sobre todo Ourense, para impulsar o desenvolvemento rural e o tan ansiado equilibrio territorial a través dun dos seus  recursos endóxenos máis importantes:as augas mineiromedicinais e termais”. “Temos o recurso natural, as augas mineromedicinais, temos as infraestruturas, os equipamentos e os servizos de calidade, só queda…

Síguenos nas redes sociais