Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PARLAMENTO SOLICITA A TODAS AS ADMINISTRACIÓNS QUE MANTEÑAN O APOIO Á SEMANA SANTA DE FERROL ·    “Queren acabar coa nosa Semana Santa e se puideran prohibila, o farían, pero como non poden intentan afogala”, alertou Tellado respecto de AGE e do Goberno municipal ·    Tellado sinalou que “sería a primeira vez que un goberno municipal non apoie a Semana Santa, o que cremos un grave erro, que non podemos consentir” Santiago, 2 de decembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se manifesta a necesidade de que todas as administracións, particularmente a  Xunta e o Concello de Ferrol, manteñan o apoio de edicións anteriores á Semana Santa ferrolá, para que continúe sendo un motor da promoción turística da comarca de Ferrolterra e de toda Galicia, como expresión da cultura popular, das crenzas relixiosas e das tradicións propias. O deputado popular Miguel Tellado lamentou “a falta de sensibilidade” dos grupos da oposición ao rexeitar apoiar esta proposición e referíndose á deputada de AGE, Yolanda Díaz, acusou ao seu grupo de “sectarios e irrespectuosos con quen non pensa como vostedes”. “Gobernan en Ferrol desde o rancor, o odio…
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, sinalou que no pasado mes rexistrouse a maior baixada interanual do paro en termos absolutos de toda a serie histórica e a segunda en relativos, sendo o terceiro ano consecutivo no que se consegue reducir o desemprego en novembro en termos interanuais. Tras coñecerse hoxe os datos, o voceiro salientou que este é o vixésimo quinto descenso consecutivo do paro, con 23.474 persoas desempregadas menos que hai un ano. Tellado lembrou que, grazas a esta evolución, Galicia sitúase a niveis de paro inferiores aos de novembro de 2010, é dicir, de fai xa 5 anos. En total, o mes pasado rexistráronse en Galicia 225.158 persoas desempregadas, o que supón un aumento do 1,38% respecto a outubro. En relación a este incremento mensual, Tellado quixo recordar que novembro é un mes onde se adoitan producir ascensos do paro. Neste caso, trátase da segunda menor subida, tanto en termos absolutos como relativos, desde 1998. “Non é unha boa nova que haxa un aumento do paro con respecto ao mes anterior pero, isto anímanos a seguir traballando con máis empeño para que estas subas sexan unha excepción”, engadiu Tellado.…
O PARLAMENTO APROBA O MANDATO MARCO DA CORPORACIÓN DE RTVG, QUE ORIENTARÁ A SÚA ESTRATEXIA DE SERVIZO PÚBLICO AUDIOVISUAL ·    Terá unha vixencia de nove anos e converterase na ferramenta estratéxica para a concreción do modelo de radio e televisión de Galicia ·    A través do Mandato Marco, o Parlamento desenvolverá as funcións de control da CRTVG Santiago, 1 de decembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe o Mandato Marco da Corporación de Radio Televisión de Galicia, o instrumento de orientación estratéxica para desenvolver o servizo público audiovisual de Galicia, adaptándoo aos cambios tecnolóxicos, económicos e usos sociais que impoñen a evolución da sociedade da información e do coñecemento, as políticas audiovisuais europeas e nacionais e as directivas comunitarias de servizos audiovisuais e a Axenda Dixital 2020. O portavoz do Grupo Popular para asuntos relacionados coa CRTVG, Agustín Baamonde, lamentou que os grupos da oposición rexeitaran apoiar este Mandato Marco “sen presentar proxecto alternativo de televisión e coa única escusa de que non tiveron tempo para elaborala cando veñen esixindo toda esta lexislatura a necesidade de desenvolver a Lei de medios de comunicación públicos de Galicia”. O Mandato Marco aprobado hoxe polo Pleno do Parlamento terá unha vixencia…
O portavoz Pedro Puy subliñou a “preocupación” do Goberno galego porque o emprego “non só sexa estable no tempo, senón tamén de calidade”  O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO QUE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS COLABOREN COA SEMANA SANTA DE FERROL E SOLICITARÁ A PROMOCIÓN DO TURISMO DE SAÚDE EN GALICIA • Lembrou que o conselleiro “xa ten anunciado que proximamente traerá ao Parlamento un plan estratéxico que prioriza a acción económica da Xunta naqueles sectores nos que se xera emprego de calidade” • Puy indicou que “os partidos chamados da vella política xa hai tempo que aprenderon a lección” de diferenciar actos institucionais de políticos, “algo que deberían asumir tamén aqueles que en teoría veñen a rexenerar a vida política” Santiago, 30 de novembro de 2015.- O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria do Parlamento de mañá que todas as administracións públicas apoien a celebración da Semana Santa de Ferrol, así como a promoción e divulgación do Turismo de saúde en Galicia. O portavoz popular, Pedro Puy, subliñou a “preocupación” do Goberno galego porque o emprego en Galicia “non só sexa estable no tempo, senón tamén de calidade”. A sesión plenaria dará comezo cunha nova votación do Mandato Marco da Compañía…
Os populares farán menos mitins pero máis actos de proximidade en busca de máis interacción e contacto O PPdeG abrirá na Coruña unha campaña electoral na que Mariano Rajoy, Soraya, Cifuentes e Herrera visitarán Galicia Feijóo participará nunha vintena de mitins, si ben o partido buscará menos discursos dende un escenario e máis conversas a pé de rúa Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2015.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e o director da campaña dos populares galegos, José Manuel Rey, presentaron hoxe as liñas de actuacións do partido de cara as vindeiras eleccións xerais. Ambos dirixentes avanzaron unha campaña diferente con menos mitins pero con máis actos de proximidade, nos que buscarán menos discursos dende un escenario e máis conversas a pé de rúa. Rueda informou que o presidente do PPdeG participará nunha vintena de mitins, ademais dun bo número de actos sectoriais nos que axudar a explicar qué fixemos co apoio dos cidadáns nestes catro anos e que queremos facer os próximos catro si conseguimos o respaldo dos galegos. A axenda de actos de Alberto Núñez Feijóo, que arrancará na cidade da Coruña coa tradicional pegada de carteis na madrugada do xoves ao venres, prevé…
Participa nun mitin en Burgos acompañando a Juan Vicente Herrera e aos candidatos populares ás Cortes Xerais do Estado da Comunidade de Castela e León  Feijóo sinala que só o PP defende a igualdade dos españois ante os que non fixeron o AVE galego e os que agora non queren facelo   •       Di que seguirán volcados en que todos os cidadáns teñan un goberno que traballa pola recuperación, cos pés na realidade e pola xente  •       Sinala que ningún grupo político pode negar a certeza de que cos populares seguirase creando emprego cada día durante o próximos catro anos Burgos, 27 de novembro de 2015.- O presidente dos populares de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que só o PP defende a igualdade dos españois ante os que non fixeron o AVE galego e os que agora din non queren facelo. O mandatario, participou nun mintin celebrado en Burgos acompañando ao presidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, e ao resto de candidatos populares ás Cortes Xerais do Estado desa comunidade. Alí, recordou que comparte con Herrera a necesidade de que o tren de alta velocidade conecte as súas comunidades autónomas pois, ademais de…
O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA PARA QUE CON MOTIVO DO DÍA DA EDICIÓN SE DIFUNDA O LABOR E LEGADO DE ÁNXEL CASAL ·    A celebración terá lugar o vindeiro 17 de decembro e coincide co 120 aniversario do nacemento de Casal Santiago, 27 de novembro de 2015.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a que, aproveitando a celebración do Día da Edición o vindeiro 17 de decembro, promova actuacións de difusión e recoñecemento social da figura e o destacado labor e legado de Ánxel Casal, así como o seu firme compromiso coa lingua e coa cultura galegas, nomeadamente no campo da edición.O deputado popular César Fernández Gil indicou que “Casal levou a cabo un importante labor editorial, fundando a editorial Lar e a imprenta Nós, ao tempo que o seu labor como normalizador da lingua estivo tamén vinculado ao ámbito da educación, impulsando as primeiras escolas do ensino en galego”. FIGURA DO NACIONALISMO DO SÉCULO XX “Tampouco se pode esquecer ao Ánxel Casal partícipe das Irmandades da Fala e figura fundamental do nacionalismo e da cultura galega no século XX”, lembrou o…
Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe que o Consello da Xunta aprobou o Proxecto de lei de economía social, que fomenta a creación de cooperativas e outras fórmulas de asociación simplificando os trámites e habilitando liñas de financiamento específicas que complementen as que xa existen. Para facer máis sinxelo o papeleo, Feijóo adiantou que se está a elaborar unha aplicación informática que permitirá facer todos os trámites do rexistro desde a casa. Para facilitar o seu financiamento, promoveremos instrumentos como programas de microcréditos e fondos de capital risco, como unha nova liña de 5 millóns de euros impulsada por Xesgalicia que permitirá reforzar as estruturas das entidades da economía social, especialmente no eido rural. Ademais, como recalcou, esta lei céntrase no impulso dunha figura que pensamos que debemos potenciar: a cooperativa xuvenil. Esta regulación completa as liñas de axudas (de ata 15.000 euros) que xa se viñan convocando desde 2014 para fomentar este tipo de emprendemento. O texto reduce ata 300 euros o capital social mínimo para que mozas e mozos de entre 16 e 29 anos formen unha cooperativa —nos casos ordinarios é de 3.000 euros— e permite que se constitúan en documento privado, o que lles permite aforrar gastos…
O Consello da Xunta aprobou hoxe que se concedan 1.822 novas libranzas para coidados na contorna familiar, o que reforza o sistema galego de atención á dependencia. O seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, enmarcou esta medida dentro do esforzo que está a facer o Goberno galego “para atender as persoas máis vulnerables”, entre as que están as persoas con dependencia e as súas familias. Así, nos orzamentos de 2016 consígnanse á atención á dependencia máis de 324 millóns de euros, 26 millóns máis ca nos de 2015. O orzamento para esta medida é de 9,65 millóns de euros dos que a inmensa maioría, 9,47 millóns, son pagamentos correspondentes aos meses nos que estas persoas tiñan dereito a libranzas, pero aínda non lles foran concedidas. O presidente da Xunta repasou o proceso de modernización que está a vivir en Galicia a atención á dependencia, con fitos como a entrada en vigor, en 2013, da carteira de servizos á dependencia, que permitiu flexibilizar os servizos que se ofrecen, abrir os centros ás persoas que non sexan usuarias do seu servizo de residencia asistencial e ofrecerlle a cada usuario un repertorio de servizos á súa medida. Esta modernización veu ligada a unha progresiva…

Síguenos nas redes sociais