Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Alberto Núñez Feijóo anunciou que o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria de Galicia, máis de 1.200, contarán cunha conexión a internet de 100 megas a finais de 2017. Xa a finais do 2016, esta porcentaxe chegará ao 31%. Segundo informou na rolda de prensa do Consello a intención da Xunta é mellorar o acceso á rede en todos os centros educativos da comunidade para que lles permita explorar mellor as posibilidades do ensino dixital Este novo paso cara á modernización da educación pública de Galicia é posible grazas a un convenio asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación e a Entidade Pública Empresarial Red.es, que conta cun orzamento total de 19,1 millóns de euros. Este convenio permitirá instalar estas conexións de 100 megas en 839 centros educativos ao longo de 2016 e 2017 e dun acceso a wifi por cada 60 alumnos. O presidente da Xunta destacou que a modernización da educación pública estivo sempre entre as prioridades deste Goberno que agora lle proporciona unha infraestrutura tecnolóxica de maior nivel. Así, estas novas redes permitirán que tanto alumnos, como profesores, como…
A Comisión 3 aprobou esta mañá o ditame deste texto lexislativo, paso previo ao seu debate definitivo en Pleno PUY AFIRMA QUE A REFORMA FISCAL QUE INCORPORA A LEI DE MEDIDAS PERMITIRÁ QUE A XENTE DISPOÑA DE MÁIS RECURSOS, SE INCREMENTE O CONSUMO E SE CONSOLIDE A RECUPERACIÓN ECONÓMICA ·    A reforma do imposto de sucesións, declarando exentos 400.000 euros por herdeiro, “resultará fundamental para as familias, xa que o seu aforro non se verá penalizado con este tributo” Santiago, 26 de novembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o proxecto de Lei de Medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos, cuxo ditame recibiu hoxe a aprobación por parte da Comisión 3ª, “fai unha reforma fiscal que é boa para o país, porque a xente vai dispor de máis recursos, vai contribuír ao crecemento da economía polo incremento do consumo e, por tanto, vai a consolidar a recuperación económica”. Pedro Puy defendeu a progresividade da rebaixa fiscal, que fará “tributar máis ás rendas máis altas e baixará os impostos ás rendas máis baixas”. Neste sentido, indicou que o PP coincide co PSOE e BNG en que os que menos ganan tributen menos, fronte…
O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE SE REGULE A FORMACIÓN DO PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO ·    Esta iniciativa situará a Galicia como a primeira comunidade autónoma en contar cunha normativa específica para a formación de empregados públicos nesta materia Santiago, 25 de novembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a regular a través do instrumento normativo máis axeitado a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o que situará a Galicia como a primeira comunidade autónoma de España en contar cunha normativa específica para a formación dos empregados públicos nesta materia.  A portavoz de Igualdade, Rosa Oubiña, lamentou que os grupos da oposición “rexeitaran un acordo unánime sobre esta iniciativa, a pesar de que aceptamos incorporar a totalidade da emenda presentada por AGE á nosa iniciativa”. “Resulta paradóxico que os deputados de AGE non apoiaran as súas propias propostas, ao tempo que os demais grupos da oposición votaran en contra de regular a formación específica…
Estrasburgo, 25 de noviembre de 2015.- El eurodiputado popular, Francisco Millán Mon, resaltó la importancia de la industria del metal en Europa, "incluidas algunas regiones europeas como la mía, Galicia". Así se expresó Millán Mon durante su intervención en la Sesión Plenaria del Parlamento Europeo, que tiene lugar en Estrasburgo, en el debate sobre el informe del eurodiputado francés Edouard Martin acerca del desarrollo de la industria de los metales básicos en la UE. Allí, participó en el debate la Comisaria de Mercado Interior, Industria, Emprendimiento y PYME, Elzbieta Bienkowska. El eurodiputado gallego se refirió al difícil momento que atraviesa este sector industrial por la amenaza que supone a su competitividad el precio de la energía, en general más alto en los países europeos que en otros continentes donde se encuentran importantes competidores. Entre otros problemas que afectan a esta industria, mencionó también la deslocalización hacia terceros países o la competencia desleal de algunos de estos a través del dumping o las subvenciones a la exportación. Millán Mon insistió en que Europa no podía permitirse que la industria metalúrgica desapareciese de su suelo: "La prosperidad y el empleo de los europeos se verían en tal caso muy perjudicados", dijo. Alabó el informe…
O GRUPO POPULAR FIXA TRES RETOS PARA A NOVA LEI DO SOLO: NINGÚN CONCELLO SEN ORDENACIÓN, APOSTA POLO RURAL E NINGUNHA CASA SEN REMATAR ·    Castiñeira salientou a creación do Plan básico autonómico e municipal, que servirá a moitos concellos sen potencial económico para levar adiante un plan xeral ·    A nova normativa avanzará na “clarificación, simplificación e axilización administrativa da ordenación urbanística”, xa que todos os informes sectoriais dependentes da Xunta xestionaranse directamente deste a Secretaría Xeral de Urbanismo Santiago, 24 de novembro de 2015.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, fixou tres retos para o proxecto de Lei do Solo: que ningún concello estea sen ordenación urbanística, unha aposta decidida por un rural vivo e que ningunha edificación estea sen rematar, é dicir, acabar co feismo existente en moitos puntos da Comunidade galega. Jaime Castiñeira animou a todos os grupos da oposición a “participar e non perder a oportunidade de sumarse a esta nova Lei do Solo con emendas que sexa debatidas na tramitación parlamentaria desta norma. Neste sentido, lembrou que este proxecto de Lei recolle as aportacións realizadas pola Comisión creada no Parlamento galego, “na que compareceron 32 persoas elixidas por todos…
O GRUPO POPULAR COINCIDE COAS ANPAS EN MELLORAR A ATENCIÓN AOS NENOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS DOMICILIARIAS, NO QUE EDUCACIÓN E SANIDADE XA ESTÁN A TRABALLAR ·    Fariñas explicou que “atendemos puntualmente a solicitude de reunión, á marxe da suposta reunión de grupos parlamentarios que intentaron instrumentalizar este caso a efectos políticos” ·    O novo protocolo incorporará accións para a formación dos profesores destinados a este servizo, o reforzo da coordinación entre as consellerías e adecuar a atención ás necesidades de cada caso concreto Santiago, 23 de novembro de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Hipólito Fariñas, Marisol Piñeiro e Aurelio Núñez reuníronse esta mañá con representantes da Confederación de ANPAS de Galicia, “unha reunión cordial na que coincidimos na necesidade de mellorar os protocolos de atención aos nenos que precisan atención educativa domiciliaria, algo no que as consellerías de Educación e Sanidade xa están a traballar para garantir os recursos necesarios, tendo en conta as características de cada caso concreto”. O deputado popular Hipólito Fariñas lembrou que a reunión coa Confederación de ANPAS é froito “da solicitude que fixeron ao Grupo Popular o pasado luns”. Neste sentido, explicou, “co ánimo de aclarar certas posicións que houbo con respecto a unha…
Reivindica que, co apoio que o pobo recibiu dos populares, hoxe estamos nunha posición que hai catro anos parecía inalcanzable Feijóo di que só o PP garante con certeza que a economía e o emprego sigan crecendo no futuro • Salienta que aseguran a estabilidade e a convivencia constitucional, ademais dunha España unida desde a pluralidade dos seus cidadáns • Diferenza os partidos, que só falan deles mesmos, do PP, que está ao servizo da xente e dos intereses xerais priorizando o país por riba da persoa • Sinala que na candidatura dos populares están representadas todas as xeracións e todas as comarcas pero, sobre todo, as aspiracións das galegas e galegos Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2015.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que só o PP garante con certeza que a economía e o emprego sigan crecendo no futuro.   Así se expresou o mandatario galego na súa intervención no acto de presentación das candidatas e candidatos do PPdeG ao Congreso dos Deputados e ao Senado, celebrado esta mañá en Santiago de Compostela. Alí, Feijóo sinalou que hai dúas verdades irrefutables: co PSOE o paro crece e a economía afúndese; e co PP…
Este decreto dará forma para que os representantes galegos poidan participar nas deliberacións dos órganos de maior nivel da Unión Europea ou influír nos Consellos de Ministros FEIJÓO ANUNCIA QUE O GOBERNO GALEGO APROBARÁ A VINDEIRA SEMANA UN DECRETO PARA REGULAR A ACCIÓN EXTERIOR DO GOBERNO GALEGO Santiago, 20 de novembro de 2015.- O presidente da Xunta e do Grupo Popular, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe o Goberno galego aprobará a vindeira semana un decreto para regular a acción exterior do Goberno autonómico, de acordo co recollido na Lei estatal da acción e o servizo exterior do Estado. Feijóo clausurou, en compañía do vicepresidente do Grupo Popular no Parlamento Europeo, Esteban González Pons, a xornada de traballo que celebraron en Santiago deputados populares no Parlamento galego e eurodeputados do PP. MITOS DA POLÍTICA EUROPEA Respecto do novo decreto, o presidente popular afirmou que Galicia “sempre cumpriu taxativamente as leis, sobre todo neste momento no que está a poñer en cuestión o Estado de Dereito”. Deste xeito, sinalou que este decreto dará forma para que os representantes galegos poidan participar nas deliberacións dos órganos de maior nivel da Unión Europea ou influír nos Consellos de Ministros. Para rematar, Feijóo sinalou que…
O titular da Xunta subliña que Galicia será a primeira Comunidade en aboar este importe, e que a porcentaxe de beneficiarios é 11 puntos superior á media do Estado Feijóo adianta que a Xunta aboará a partir de mañá o maior anticipo da PAC da historia de Galicia, máis de 65 M€ que beneficiarán a 26.000 gandeiros e agricultores Precisa que a contía destas axudas supón o dobre do que se anticipou en 2013 (32,6 millóns de euros), e o 82,4% máis do anticipo que se deu en 2014, que foi de 35,8 millóns de euros Sinala que o Executivo autonómico aboará estas axudas nun só pagamento, e que o fará de xeito conxunto coa axuda acoplada do sector lácteo Apunta que o importe total poderá subir nas vindeiras semanas cando se subsanen as solicitudes con deficiencias como falta de documentación ou duplicidades de parcelas Xunto con isto, adianta que a Xunta tramitará mañá a petición adicional de 7,1 millóns de euros de indemnizacións compensatorias, para compensar os custos adicionais e as perdas de ingresos que supón a produción agrícola en zonas de montaña e outras zonas desfavorecidas Santiago, 19 de novembro de 2015.- Alberto Núñez Feijóo adiantou hoxe que a…

Síguenos nas redes sociais