Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O presidente da Xunta avanza un investimento de 18M€ para a conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, a infraestrutura viaria á que máis fondos destinan os Orzamentos para 2016 Afirma que esta partida permitirá que estean en plena execución as obras do treito I, o inicio das obras do treito II e o avance no treito III Explica que este segundo treito do Corredor do Morrazo sobre o que se actuará será o que une Domaio e Meira, cunha lonxitude total de algo máis de catro quilómetros e no que se actuará para duplicar a calzada actual, así como para remodelar os enlaces de ambas vilas Di que tamén se prevé o deseño dunha nova área de servizo de Meira, a duplicación do viaduto da Mó e a ampliación de dous pasos inferiores e un superior Indica que estas actuacións dan continuidade aos traballos xa iniciados no mes de outubro para a conversión en autovía do Corredor do Morrazo, no primeiro treito entre o enlace de Rande e de Domaio Sinala que, con esta actuación, segue adiante o compromiso que da Xunta cos veciños do Morrazo, que precisan unha autovía libre de peaxe e que resolva…
O presidente do Goberno galego apunta que esta terceira convocatoria estará dotada con máis de 25 millóns de euros e mobilizará preto de 40 millóns en 50 proxectos de innovación no que tomarán parte arredor de 200 pequenas e medianas empresas Lembra que as anteriores edicións de Conecta Peme mobilizaron preto de 46 millóns de euros para financiar 72 proxectos desenvolvidos por pemes e centros de innovación, axudando así a crear 500 postos de traballo Apunta que, desde o punto de vista estratéxico, as principais novidades desta edición son un maior aliñamento coas prioridades temáticas establecidas na RIS3 e o apoio por primeira vez a proxectos de innovación en organización e mellora de procesos, como reflicte a Axenda de Competitividade Galicia - Industrial 4.0 Di que o Conecta Peme impulsará proxectos que supoñan unha importante innovación así como un alto impacto económico, polo que se valorará o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para xerar rendibilidade no mercado Matiza que nesta edición incorpórase a posibilidade de incluír no consorcio a unha gran empresa, sempre que non supere a execución do 25% do total do orzamento. Ademais, as actuacións que impliquen a contratación de centros tecnolóxicos e de investigación…
Pontevedra, 19 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,  sinalou esta tarde que nestas eleccións non fai falta empregar ningún discurso do medo porque este país xa recobrou a esperanza e o futuro.  O líder dos populares galegos participou no acto de presentación da candidatura dos populares pola provincia de Pontevedra para o Congreso e o Senado con motivo das vindeiros eleccións xerais. Alí, lembrou que custou moito chegar ata o punto no que nos atopamos e animou a seguir avanzando. Nesta liña, asegurou que as listas tratan de representar un pobo que leva anos loitando contra a crise, ao igual que os candidatos que as compoñen. Así, o mandatario recordou o importante labor levado a cabo para que o esforzo da xente non se volvera desperdiciar e puxo en valor o traballo realizado por todos os deputados e senadores. Para o presidente do PPdeG, as listas dos populares contan con renovación grazas a persoas decididas a involucrarse e á xenerosidade dos que dan paso ás novas incorporacións. Ao mesmo tempo, fixo fincapé en que os populares tamén renovan as listas con solidez, experiencia política e experiencia de xestión. Así, Feijóo apuntou que a unidade que…
MIGUEL TELLADO REITERA QUE GALICIA CUMPRE ESTE ANO, POR PRIMEIRA VEZ, O RATIO DE PRAZAS PARA NENOS DE 0 A 3 ANOS EN ESCOLAS INFANTÍS MARCADO POLA UNIÓN EUROPEA ·    Ademais, pasouse dos 664 empregados existentes en 2009 a 991 no presente curso, incrementando o gasto de persoal de 15 a 21 millóns de euros Santiago, 19 de novembro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Miguel Tellado subliñou hoxe no Parlamento que Galicia acadou no presente curso 2015-16 a cobertura de prazas recomendada pola Unión Europea, ao acadar as 33 prazas por cada 100 nenos de 0 a 3 anos, logo de rexistrar un incremento de 12 puntos nos últimos cinco anos. Miguel Tellado defendeu a “profesionalidade dos traballadores das escolas infantís” e lamentou que os grupos da oposición “pensen que se pode facer política con todo”. 9.300 NOVAS PRAZAS Na súa intervención, asegurou que “todas as escolas infantís do Consorcio de Servizos Sociais cumpren as ratios persoal/alumno establecidas no Decreto 329/2005 polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, e incluso na gran maioría destas escolas infantís se duplica esta ratio profesor/alumno que esixe a normativa”. Así, explicou que pasouse dos…
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou esta mañá que, tras coñecerse a decisión da dirección federal do PSOE de expulsar ao alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, o PSdeG conságrase como o partido das purgas. Así, o portavoz afirmou que lle resulta sorprendente e que é unha estraña forma de pagarlle o voto a quen lles permitiu aos socialistas  recuperar a Deputación de Lugo. “Isto demostra que a lealdade non é o forte de Besteiro, que é máis leal co BNG que cos seus propios compañeiros”, sinalou Tellado explicando que o PSdeG está castigando a Martínez por non apoiar a proposta de dotar de nove asesores a un grupo provincial de dous concelleiros. Por outra parte, Tellado tamén se referiu á viaxe do secretario de organización do PSOE, César Luena, a Galicia, á que definiu como unha visita de recoñecemento. Así, o voceiro admitiu sentir curiosidade por coñecer a mensaxe que Luena lle transmitiu a Pedro Sánchez da situación dos socialistas galegos. “Está claro que Sánchez non virá a Galicia en campaña para evitar sacar a foto con Besteiro”, asegurou Tellado ao tempo que confirmaba que cando os alcaldes de Galicia entregan…
O GRUPO POPULAR AFIRMA QUE A NOVA LEI DO PATRIMONIO CULTURAL “REPRESENTA UNHA OPORTUNIDADE PARA POÑER EN VALOR ALGO ESENCIAL PARA A IDENTIDADE DE GALICIA” ·    Baamonde participou no encontro que o conselleiro de Cultura celebrou esta mañá con representantes de todos os grupos parlamentarios para explicar este novo texto lexislativo Santiago, 18 de novembro de 2015.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde, afirmou hoxe que o proxecto de Lei do Patrimonio Cultura de Galicia “representa unha oportunidade para poñer en valor algo que, xunto co territorio e a lingua, é esencial para a identidade de Galicia”. Neste sentido, demandou “altura de miras” aos grupos da oposición na tramitación parlamentaria deste novo texto lexislativo, para “entre todos facer unha lei de patrimonio sostible e capaz de perdurar no tempo”. Logo da xuntanza celebrada esta maña polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, con representantes de todos os grupos parlamentarios para explicar o proxecto de Lei do Patrimonio Cultural, Agustín Baamonde considerou esta reunión como “interesante, oportuna e acaída, xa que esta norma é unha demanda social fortemente sentida”. Neste sentido, lembrou que o propio presidente do Consello da Cultura reivindicou na súa recente comparecencia parlamentaria sobre os orzamentos…
O PLENO INICIA A VINDEIRA SEMANA O DEBATE PARLAMENTARIO DA NOVA LEI DO SOLO ·    O portavoz popular sinalou que “sería bo que esta norma tivese estabilidade e duración”, para o que amosou a disposición de chegar a acordos durante a súa tramitación no Parlamento ·    O Grupo Popular defenderá dúas proposicións non de lei: unha, sobre o impulso á ampliación do Hospital da Costa en Burela; e outra, para regular a formación en igualdade e prevención da violencia de xénero entre o persoal ao servizo da administración galega Santiago, 17 de novembro de 2015.- O pleno do Parlamento de Galicia procederá a vindeira semana ao debate de totalidade do proxecto de Lei do Solo, “unha norma das importantes na medida que procura unha correcta ordenación do territorio, que o territorio sexa un elemento de desenvolvemento do ámbito rural, e porque promociona a responsabilidade na conservación dos elementos naturais, como a paisaxe e o medio ambiente”, sinalou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy. Logo da celebración da Xunta de Portavoces, Puy confirmou que o vindeiro luns terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria para o debate de totalidade dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2016. A continuación, o martes…
O presidente do PPdeG participa no acto de presentación da candidatura dos populares pola provincia da Coruña para as vindeiras eleccións xerais Feijóo di que nas listas do PP está a unidade que non acadaron a esquerda e o nacionalismo porque hai unha idea e un proxecto de país • Afirma que os populares renovan as súas listas con experiencia política e experiencia de xestión • Subliña que os populares non poden conformarse con gañar senón que deben acadar unha maioría ampla coa que garantir a gobernabilidade e a estabilidade acadada nos últimos anos • Reitera a súa condena aos actos terroristas acontecidos en París e pon en valor a resposta firme do Goberno central A Coruña, 16 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que nas listas do Partido Popular está a unidade que non acadaron a esquerda e o nacionalismo porque hai unha idea e un proxecto de país. Así se expresaba o líder dos populares galegos esta tarde no acto de presentación da candidatura dos populares pola provincia da Coruña para o Congreso e o Senado con motivo dos vindeiros comicios xerais.  Como engadiu, ambas listas tratan de representar un pobo…
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en memoria dos asasinados en Francia

Síguenos nas redes sociais