Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GRUPO POPULAR PROPÓN QUE O VALEDOR DO POBO EXERZA COMO COMISIONADO E VELE PORQUE AS ADMINISTRACIÓNS CUMPREN A FUTURA LEI DE TRANSPARENCIA ·    “Seguimos mantendo que é bo atribuír novas funcións a entes institucionais xa existentes, e o Valedor do Pobo ten como función fundamental vixiar o cumprimento das obrigas por parte da administración cos administrados”, indicou ·    Para auxiliar nestas funcións do Comisionado, tamén se propón a creación dunha Comisión de Transparencia na que estarán presentes a Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta, o Consello Consultivo e a Fegamp Santiago, 16 de novembro de 2015.- O Grupo Popular propón que o Valedor do Pobo exerza como Comisionado de Transparencia para velar polo control do cumprimento por parte das administracións públicas das obrigas recollidas na futura Lei de Transparencia e Bo Goberno, que na actualidade se atopa en plena tramitación parlamentaria. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou da presentación dun conxunto de emendas ao proxecto de Lei de Transparencia e Bo Goberno co obxectivo de “mellorar esta norma no ámbito de control do cumprimento do recollido no texto lexislativo”. Neste sentido, lembrou que o debate de totalidade deste proxecto de lei tivo lugar na última…
Santiago, 13 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a Estratexia de aforro e eficiencia enerxética 2015-2020 aprobada hoxe polo Consello, logrará reducir á metade o consumo enerxético da Administración autonómica. Ademais, Feijóo engadiu que a Estratexia tamén permitirá acadar un aforro enerxético acumulado de máis de 430 xigavatios/hora, evitará a emisión á atmosfera de máis de 140 toneladas de CO2 e logrará un aforro para as arcas autonómicas de preto de 130 millóns de euros. “Unha cantidade que poderá ser destinada a fins máis proveitosos para a sociedade galega”, dixo. Segundo destacou, a eficiencia enerxética é un obxectivo prioritario para este Goberno xa que produce beneficios en dous sentidos, o ambiental e o económico, ao permitir contaminar menos e aforrar máis. Con respecto a isto, o líder dos populares lembrou que nos últimos anos o Goberno galego xa realizou importantes avances cara a reducir o gasto enerxético, coa aprobación do Plan de aforro e eficiencia enerxética na Administración Pública ou a incorporación da biomasa como fonte de enerxía nos centros sanitarios, entre outras. Unhas medidas que permitiron un aforro de preto de 20 millóns de euros e evitaron a emisión á atmosfera de…
Santiago, 13 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a decisión do Consello da Xunta de desbloquear un crédito de 2,36 millóns de euros para garantir a continuidade das subvencións das peaxes das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e a do Val Miñor (AG-57), de xeito que sigan sendo das máis baratas de España. Segundo explicou ao termo da xuntanza semanal do Executivo autonómico, este acordo permitirá á Xunta renovar o convenio coa sociedade concesionaria destas dúas autoestradas autonómicas para manter as rebaixas en vigor ata o ano 2019. Feijóo sinalou que a medida aprobada hoxe polo Consello permitirá dar continuidade ás subvencións introducidas pola Administración autonómica en 2010 que permiten, por unha banda, rebaixar un 25% o importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta. E, por outra, o desconto do 50% na segunda e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas, cando o usuario empregue o dispositivo de telepeaxe. Deste xeito, indicou que ademais de ter garantidas as bonificacións desde 2010 que este Goberno introduciu por primeira vez, e de que por segundo ano consecutivo a Xunta mantivera en 2015 as peaxes de ambas as dúas autoestradas conxeladas,…
O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE INSTA Á XUNTA A IMPULSAR INICIATIVAS CULTURAIS CON MOTIVO DO 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE VALLE INCLÁN ·    O deputado popular César Fernández salientou “a vinculación con Galicia” de Valle Inclán, a quen cualificou de “galego universal que achegou a todo o mundo a través da súa literatura o feito de ser galego” Santiago, 12 de novembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar e acompañar as principais iniciativas culturais que se realicen para a conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán no ano 2016. En concreto, a iniciativa demanda a elaboración dunha programación cultural acorde coa relevancia desta efeméride, que poña de relevo a excepcional figura, obra e legado de Valle Inclán, na que se involucre ás principais institucións culturais e entidades galegas relacionadas con este autor. FEITO DE SER GALEGO O deputado popular César Fernández Gil salientou “a vinculación con Galicia” de Valle Inclán, a quen cualificou de “galego universal que achegou a todo o mundo a través da súa literatura o feito…
O PPDEG SALIENTA A “INMEDIATEZ E EFICACIA” DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ANTE O PROBLEMA XURDIDO COAS CONCESIONARIAS DO SERVIZO DE CÁTERING DOS COMEDORES ESCOLARES ·    “O sistema funcionou e a Consellería demostrou que controla e actúa coa máxima dilixencia para garantir a seguridade alimentaria e sanitaria dos menús escolares en todos os centros”, indicou Santiago, 12 de novembro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco salientou hoxe no Parlamento a “inmediatez e eficacia” coa que actuou a Consellería de Educación ante o problema xurdido coas concesionarias dos servizos de cátering  nos comedores escolares e demandou aos grupos da oposición “máis rigor, seriedade e non frivolizar con estas cuestións”. Moisés Blanco indicou que “o sistema funcionou e a Consellería demostrou que controla e actúa coa máxima dilixencia para garantir a seguridade alimentaria e sanitaria dos menús escolares en todos os centros”. INVESTIGACIÓN E RESCISIÓN DE CONTRATOS Neste sentido, afirmou que a Consellería de Educación “tomou esta decisión logo de constatarse unha serie de incidentes de carácter grave na prestación do servizo de cátering en determinados colexios”. “Rescindíronse os contratos coas empresas e de inmediato se puxo unha alternativa enriba da mesa para que os usuarios continuaran recibindo o servizo”,…
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015.- O portavoz dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo unha valoración das candidaturas populares que se fixeron públicas o pasado martes de cara ás Eleccións Xerais do 20 de decembro. Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado salientou que presentan unha candidatura cunha media de idade en torno aos 48 anos, rebaixando en case dous anos a das listas pasadas e que supón unha aposta polo rexuvenecemento. En canto aos perfís dos candidatos, o voceiro sinalou que para as cabezas de lista quedou claro que deron prioridade á experiencia acreditada na xestión como é o caso de Ana Pastor en Pontevedra; á experiencia parlamentaria, co exemplo claro de Joaquín García Díez en Lugo; valoraron a traxectoria no ámbito municipal no caso de Miguel Lorenzo en A Coruña; e tamén apostaron pola incorporación de persoas relevantes na sociedade civil como é o caso de Miguel Viso en Ourense. En canto ao resto de integrantes que completan as listas, Tellado sinalou que son persoas que aportan a súa experiencia parlamentaria previa como o caso de Ana Belén Vázquez, Celso Delgado, José Manuel Barreiro, Tristana Moraleja ou Jaime de Olano. A estes nomes únense novas…
O GRUPO POPULAR SUBLIÑA QUE “ESTÁ FORA DE DÚBIDA O COMPROMISO DO PP COA DEFENSA DA IGUALDADE DA MULLER E, ESPECIALMENTE, DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA” ·    Na actualidade, Galicia conta con 80 CIM, que atenderon a preto de 20.000 persoas que fixeron máis de 68.000 consultas Santiago, 11 de novembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a elaborar un novo decreto polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento, modificación e as condicións de funcionamento dos centros de información ás mulleres (CIM). A portavoz de Igualdade, Rosa Oubiña, subliñou que “está fora de dúbida o compromiso do Partido Popular coa defensa da igualdade da muller e, especialmente, coas mulleres vítimas de violencia de xénero”. Oubiña considerou necesario “acometer a revisión do decreto que regula os centros de información ás mulleres, publicado o 4 de agosto de 2004 no Diario Oficial de Galicia, para adaptalo aos novos tempos e ás novas circunstancias actuais”. MODIFICACIÓNS A portavoz popular explicou que esta modificación da normativa dos CIM permitirá actualizar os requisitos de acreditación para este centros, recollendo aspectos non contemplados…
O Grupo Socialista e AGE votaron en contra desta iniciativa O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE A XUNTA XESTIONE CO GOBERNO CENTRAL A APERTURA DUNHA BIBLIOTECA PÚBLICA ESTATAL EN VIGO Santiago, 11 de novembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de PSOE e AGE, a través da que se insta á Xunta de Galicia a realizar as xestións oportunas diante do Goberno central para tratar de que a apertura dunha Biblioteca Pública do Estado en Vigo poida ser unha realidade á maior brevidade posible, reclamando que o Concello vigués poña a disposición os terreos axeitados para este centro. O deputado do Grupo Popular Javier Dorado considerou necesario “altura de miras e traballar todos xuntos para mellorar os servizos públicos e a calidade de vida dos galegos e, nomeadamente, dos veciños de Vigo”. Para elo, indicou que “faise precisa a coordinación e cooperación de todas as administracións públicas de Galicia”, porque o actual Goberno central “xa dispuxo de partidas orzamentarias para a biblioteca de Vigo en varias ocasións pero non se puideron executar pola falta de terreos”. En concreto, Dorado manifestou que…
Santiago, 10 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que esta etapa de recuperación económica que afrontamos é consecuencia de ter adoptado as medidas e o rumbo que a situación demandaba. Así o manifestou durante a súa intervención na X Xornada Banco Sabadell de Negocio Internacional. O mandatario galego sinalou que a Administración, o sector industrial e as entidades financeiras traballaron conxuntamente nos últimos anos, “como elos dunha mesma cadea” para xerar o que se coñece como un “ecosistema facilitador”, un sistema de oportunidades para as empresas do noso país. Nese senso, destacou que cada vez son máis os indicadores económicos que ratifican ese esforzo conxunto. Así, resaltou que Galicia acumula sete semestres seguidos de crecemento, situándose no 1,8%, que a demanda interna na Comunidade creceu un 2,3% no segundo trimestre, ou que a inversión das empresas aumentou un 7,2%, o mellor dato desde o ano 2007. Feijóo, tamén incidiu nas boas cifras acadadas en termos de facturación e exportación, nun momento no que, tal e como subliñou, as exportacións rexistradas ata agosto son un 4,5% superiores ás rexistradas no mesmo período do ano anterior. Datos que, tal e como asegurou o presidente dos…

Síguenos nas redes sociais