Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

En contraste, os traballadores que perciban máis de 60.000 euros verán incrementado progresivamente a súa cotización O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE COA REFORMA DO IRPF OS CONTRIBUÍNTES CON INGRESOS INFERIORES A 12.450 EUROS PAGARÁN UN 5% MENOS RESPECTO A 2011 Santiago, 10 de novembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Parlamento que a rebaixa do imposto sobre a renda que implantará a Xunta de Galicia o vindeiro ano suporá unha rebaixa dun 5 por cento respecto ao que pagaba en 2011 un traballador cuns ingresos inferiores aos 12.450 euros anuais. En contraste, os traballadores que perciban máis de 60.000 euros anuais verán incrementado progresivamente a súa cotización no imposto sobre a renda. No debate de totalidade do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2016, Pedro Puy sinalou que esta norma “non é o mellor exemplo de técnica lexislativa, pero é necesaria como garantía da legalidade das medidas que se acompañan nos presupostos”. EQUILIBRIO RAZOABLE Neste sentido, apuntou que “estamos ante un proxecto de lei plenamente constitucional, que permite intercambiar opinións mediante a presentación de emendas e o seu debate en comisión e pleno”, e indicou…
O GRUPO POPULAR APELA AO “ESPÍRITO DE CONSENSO DE 2006 ” PARA CONSEGUIR “SACAR ADIANTE A NOVA LEI DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO CO MAIOR NÚMERO DE VOTOS” ·     “Temos que enviar unha mensaxe clara e contundente á cidadanía de que a transparencia e cousa de todos e que as condutas pouco éticas son cuestións individuais e non máis propias dunha ou doutra formación política”, sinalou Santiago, 10 de novembro de 2015.-  A portavoz de Administracións Públicas do Grupo Popular, Paula Prado, apelou hoxe ao “espírito de consenso” do ano 2006, cando gobernando socialistas e nacionalistas se aprobou por unanimidade unha Lei de transparencia, para “conseguir sacar adiante co maior número de votos a nova Lei de transparencia e bo goberno”, que hoxe iniciou o seu debate no Parlamento galego. No debate de totalidade do proxecto de Lei de transparencia e bo goberno, Paula Prado explicou que esta nova norma “afonda no impulso democrático que o Presidente Feijóo comprometeu na súa comparecencia de comezos deste ano, non só polo contido desta norma senón tamén polo procedemento da súa elaboración, xa que foi sometida á consideración da cidadanía e recolle aportacións que desde ela se teñen feito ao documento normativo”.…
Presidiu o Congreso do PP de Santiago de Compostela onde se proclamou a Agustín Hernández presidente local  Feijóo chama ao PP a traballar para recuperar a ilusión da maioría dos cidadáns fronte a outros partidos que caducan rapidamente • Di que Compostela precisa dun Partido Popular forte, unido e comprometido máis que nunca • Apunta que son o único partido capaz de cambiar o estado de decepción por un estado de confianza renovada  • Indica que son a alternativa máis fiable que ten ante sí a xente o próximo 20 de decembro Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,  sinalou esta tarde que o seu partido ten que traballar para recuperar a ilusión da maioría dos cidadáns fronte a outros partidos que caducan rapidamente. Segundo o líder dos populares, a celebración do XI Congreso Local do PP de Compostela é a proba do compromiso do seu partido, e demostra a súa vocación por mellorar e por renovarse. Para Feijóo, recuperar a ilusión no PP de Santiago só podía ser posible con Agustín Hernández, de quen sinalou que respondeu continuamente á chamada do partido, que ama a cidade fondamente, que traballou sen descanso…
O Pleno do Parlamento procederá mañá ao debate de totalidade desta norma, do mesmo xeito que fará co proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos PUY AFIRMA QUE A LEI GALEGA DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO “PROCURA DIFICULTAR AO MÁXIMO A COMISIÓN DE DELITOS DE CORRUPCIÓN POR PARTE DE QUEN XESTIONA RECURSOS PÚBLICOS Santiago, 9 de novembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe a “grande incidencia social e política” dos dous proxectos de lei que mañá se debaterán na sesión plenaria: o proxecto de lei de transparencia e bo goberno, que procura dificultar ao máximo a comisión de delitos relacionados coa corrupción por parte de quen xestiona recursos públicos; e o proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2016, con importantes rebaixas nos impostos sobre a renda, as sucesións e as transmisións no rural para “que haxa máis cartos en disposición dos cidadáns, se poida dinamizar a economía e o consumo, ao tempo que se  favorece a equidade”. Pedro Puy salientou que o proxecto de Lei de transparencia e bo goberno, que mañá se procederá ao debate de totalidade no Pleno, “cumpre,…
O GRUPO POPULAR SINALA QUE O NOVO GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA É UN 63% MÁIS CARO, DA PORTAZOS AOS CIDADÁNS E CUN PLAN DE EMPREGO ELECTORALISTA ·    Rodríguez Arias concretou que o novo goberno provincial incrementou de 4 a 10 as dedicacións exclusivas e o número de asesores pasou de 9 a 15 Santiago, 5 de novembro de 2015.- A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, afirmou hoxe no Parlamento que “o novo goberno da Deputación de Pontevedra prometeu novos plans, novos servizos, nova imaxe e un goberno aberto e ao lado da cidadanía, pero en realidade hai un goberno un 63 por cento máis caro, que da portazos aos cidadáns e cun plan de emprego totalmente electoralista”. Logo da comparecencia da presidenta da Deputación de Pontevedra na Comisión de Orzamentos do Parlamento, Marta Rodríguez manifestou que “presumen de transparencia, pero parece que lle molesta vir dar conta dos orzamentos ao Parlamento de Galicia”. COMPETENCIAS PARA A PRESIDENTA Rodríguez Arias lembrou que cando o novo goberno da Deputación de Pontevedra tomou posesión “dixeron que ían reducir un 45 por cento os gastos en dedicacións exclusivas e gastos do Goberno, pero a realidade é que o Goberno bipartito custa…
Santiago, 5 de novembro de 2015.- O presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta vai poñer a disposición dos emprendedores a posibilidade de adquirir solo industrial máis accesible, mediante a concesión de dereitos de superficie. Como explicou, isto significa poñer solo industrial a disposición de todas aquelas empresas interesadas en instalarse en Galicia e nas mellores condicións que o mercado poida ofrecer, sen necesidade de realizar un investimento na adquisición do mesmo. Isto é, en réxime de dereito de superficie cun canon anual desde 38 céntimos por metro cadrado. Deste xeito, como matizou, os adxudicatarios dos dereitos de superficie poderán construír as instalacións necesarias e desenvolver o seu proxecto empresarial nas parcelas que lles correspondan a cambio dun canon anual, equivalente a unha porcentaxe do prezo de venda da parcela, e que será un mínimo de 38 céntimos ao ano por metro cadrado e un máximo de 2,28 euros ao ano por metro cadrado. As parcelas continuarán sendo propiedade da Administración. Segundo Feijóo, a Xunta dá así un paso máis no obxectivo de dar as maiores facilidades a quen queira investir en Galicia e contribuír a que o solo industrial sirva para o que foi creado,…
O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE A DEPUTACIÓN DE OURENSE FORA A PRIMEIRA INSTITUCIÓN EN APROBAR OS ORZAMENTOS PARA 2016, O QUE PERMITE UNHA MELLOR EXECUCIÓN DAS CONTAS ·    Santalices avogou por empezar “a considerar aos vellos non como unha ameaza, senón como unha oportunidade” Santiago, 5 de novembro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Miguel Santalices salientou hoxe que a Deputación de Ourense “fora a primeira institución en aprobar os orzamentos para 2016, o que permite unha mellor execución das contas para o vindeiro exercicio”. Máis en concreto, destacou as partidas destinadas ao benestar, que suman máis de 7,2 millóns de euros e van dirixidas a dotar de servizos sociais á provincia que ten máis dispersión da poboación. Miguel Santalices lembrou que os orzamentos da Deputación de Ourense para 2016 foron aprobados o pasado 25 de setembro e supoñen un incremento do 2,63 por cento respecto das contas para o ano 2015. POTENCIAL EN AUGAS MINEROMEDICIÑAIS En concreto, o deputado popular subliñou as partidas destinadas a benestar que incorporan estes orzamentos, por importe de 7,2 millóns de euros. Neste sentido, expresou que “estou farto de que Ourense sexa sempre considerada a provincia dos vellos”, polo que avogou por empezar…
BALSEIRO: “TEMOS FUNDADAS DÚBIDAS SOBRE A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA 2016 ANTE A DEBILIDADE DO GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE LUGO E DO SEU PRESIDENTE” ·    Pídelle a Darío Campos que deixe atrás a mala herdanza de Besteiro e priorice os investimentos en benestar e emprego,  colabore cos concellos con independencia da cor política do alcalde, mellore o POS ·    Balseiro asegura que Darío Campos preside un “avispeiro polo polvorín bipartito da Deputación de Lugo” e anticipa que, “con moita probabilidade, non rematará o seu mandato” Santiago, 5 de outubro de 2015.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou esta mañá que os lucenses manteñen “dúbidas fundadas sobre a aprobación dos orzamentos da Deputación de Lugo para 2016 ante a situación de debilidade na que se atopa o Goberno bipartito e o seu presidente”. O deputado popular advertiu a Darío Campos que no último pleno de organización da administración provincial “quedou en evidencia que PSOE e BNG non contan coa maioría suficiente para gobernar con estabilidade esta Deputación e demostrouse o polvorín no que teñen convertido o bipartito provincial lucense”. Balseiro tamén lembrou que “a Xustiza pode botar por terra incluso a propia Presidencia de Darío Campos, que estaría…
O GRUPO POPULAR LEMBRA AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA QUE “GOBERNA A INSTITUCIÓN MÁIS SANEADA DE GALICIA GRACIAS Á TRABALLO DO ANTERIOR EQUIPO DE GOBERNO” ·    Fariñas asegurou que “o novo goberno provincial sairá 500.000 euros máis caro que o anterior ao remate do mandato” Santiago, 5 de novembro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Hipólito Fariñas lembrou hoxe no Parlamento ao presidente da Deputación de A Coruña que “goberna a institución máis saneada de Galicia, sen lastres de facturas nos caixóns ou gastos asumidos sen fondos para pagalos, gracias ao traballo do anterior equipo de goberno que foi capaz de eliminar a débeda financeira de 93 millóns de euros coa que se atopou hai catro anos”. Hipólito Fariñas comezou a súa intervención, logo da comparecencia do presidente da Deputación de A Coruña na Comisión de Orzamentos do Parlamento, felicitándoo “polo seu talante, actitude e vontade de consenso que amosou na súa intervención”. PRIMEIRA DE ESPAÑA CON DÉBEDA CERO O deputado popular salientou ao presidente da Deputación coruñesa que “goberna a institución máis saneada de Galicia: a primeira deputación de España en obter débeda cero e a única de Galicia”. Neste sentido, explicou que esta situación “obedece…

Síguenos nas redes sociais