Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

PEDRO PUY AFIRMA QUE NO PPDEG “IMOS SEGUIR TRABALLANDO CON REFORMAS E RENOVACIÓNS PARA MELLORAR OS RESULTADOS E CONSOLIDAR UN GOBERNO ESTABLE EN GALICIA” ·    Apuntou que a “tendencia á baixa do PPdeG rematou nas europeas e estamos remontando” e avogou por “perseverar nunha liña que nos permite recuperarnos e ganar confianza” ·    Sinalou que “a irrupción de forzas populistas e outras que queren unha reforma radical da Constitución fan moi difícil acadar un goberno estable” Santiago, 21 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular,  Pedro Puy, afirmou hoxe que no PPdeG “imos seguir traballando con reformas e con renovacións de persoas, equipos e actitudes na esperanza de que no futuro próximo os resultados tendan a mellorar e consolidar a estabilidade dun Goberno en Galicia”. Puy puxo de manifesto a “preocupación pola gobernabilidade do país” cos resultados das eleccións xerais celebradas onte, “logo da irrupción no Congreso de forzas populistas que se suman a formacións con clara intencionalidade de superar a ordenación territorial do Estado que ven na Constitución”. Puy subliñou que o PPdeG “tiña unha tendencia á baixa que rematou nas eleccións europeas e neste momento estamos remontando”. Neste sentido, explicou que esta situación “ten que ver…
Feijóo valora os resultados das eleccións xerais do 20D
Lugo, 17 de decembro de 2015.- O líder dos populares de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu concentrar o apoio dos galegos no PP xa que dividir o voto pode supoñer beneficiar a partidos que representan o contrario do que se quere votar. Deste xeito se expresou o presidente nun mitin celebrado esta tarde en Lugo onde tamén estivo acompañado polo presidente local, Jaime Castiñeira, e polos cabeza de lista ao Congreso e o Senado por esa provincia, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro. Alí, Feijóo pediu que non dispersemos o voto quedando na casa porque, desta maneira, decidirán por nós; nin que tampouco se disperse noutras opcións xa que quen se favorecerá delas será Podemos. Así mesmo, o dirixente tamén puxo de manifesto que Ciudadanos deixou claro na campaña que non apoiarán un goberno do PP e que non lles importa Galicia. Segundo sinalou, non é o mesmo votar Ciudadanos en Madrid ou Cataluña que votalo aquí, onde non supón sumar escanos senón restarllos a opcións máis cercanas ao que se quere dun goberno. Feijóo recordou que isto xa ocorreu nas pasadas eleccións municipais, onde o voto ao partido liderado por Albert Rivera só serviu para que o PP…
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, estará na xornada de mañá nas catro provincias galegas no peche de campaña do Partido Popular para as eleccións xerais. O presidente visitará no último día cinco das cidades de Galicia nun percorrido que comezará cunha visita a Ferrol pola mañá, e que tamén o levará ás cidades de A Coruña e Lugo, para rematar a xornada con dous mítines, o primeiro en Ourense e o último en Vigo. O obxectivo é aproveitar cada minuto do que queda para mobilizar ao electorado e pedir que vote a Mariano Rajoy e ao Partido Popular. Cabe salientar que o dirixente popular galego participou nunha vintena de mítines e asistiu a máis de 40 actos electorais en total, o que supón que percorrerá ata mañá preto de 8.000 kms. Feijóo traballou e amosou o seu esforzo para apoiar ao seu partido non só facendo campaña por toda Galicia senón tamén fóra da nosa comunidade, participando en diversos actos na provincia de Sevilla e de Huelva no seu paso por Andalucía.
Intervén nun mitin celebrado en A Coruña xunto ao candidato do Partido Popular á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy Feijóo asegura que “hoxe hai máis razóns que hai catro anos para que Galicia vote a Mariano Rajoy”  • Animou a votar “pensando en que necesitamos seguir crecendo, creando emprego, con seguridade para as pensións e viabilidade para os servizos públicos, e para que a recuperación continúe ata chegar a todos” • “Síntome orgulloso de que un Presidente de España como Rajoy, que acadou que o seu país evitara o rescate, sexa así: auténtico, humilde, sólido, educado, ao servizo da xente e galego”, manifestou A Coruña, 16 de decembro de 2015.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou en A Coruña que “hoxe hai máis razóns que hai catro anos para que Galicia vote a Mariano Rajoy”. “Votemos pensando en que necesitamos seguir crecendo, seguir creando emprego, seguridade para as pensións e viabilidade para os servizos públicos, que a recuperación continúe ata chegar a todos, con firmeza constitucional e porque necesitamos un Goberno e un Presidente de España ao que lle importe Galicia”, indicou. Feijóo participou nun mitin celebrado hoxe en A Coruña xunto ao candidato do Partido Popular á…
Ourense, 16 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que só o Partido Popular respecta aos galegos e que a eles nin lles sobra Galicia como a uns nin lles sobra España como a outros. Así se expresou o mandatario esta mañá nun almorzo informativo en Ourense no que presentou ao cabeza de lista ao Congreso por esa provincia, Miguel Ángel Viso. Alí, Feijóo indicou que hai candidatos aos que os galegos lles sobramos e, por iso, o presidente pediulles que se tomen esta terra en serio xa que algúns prefiren vivir na televisión a estar en Galicia porque saben que aquí van ter moitos menos votos que no resto do Estado. Durante o seu discurso, o líder do PPdeG fixo referencia a aqueles políticos que se opoñen a que se concreten os prazos para que o AVE chegue a Galicia porque, segundo din, non sae rendible. Así, o dirixente apuntou que para eles é un gran despilfarro rematar o AVE porque isto lles daría moi poucos votos en relación aos millóns de euros que, se algún día lles tocase gobernar, terían que investir. Ademais, o mandatario asegurou que aos galegos o que nos sobra…
O PARLAMENTO ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA TRES SESIÓNS PLENARIAS PARA APROBAR OS ORZAMENTOS DA XUNTA, A ELECCIÓN DE SENADORES AUTONÓMICOS E A LEI DE TRANSPARENCIA ·    Será a primeira ocasión na que o debate de aprobación das Contas Públicas se realiza de acordo coa nova reforma do regulamento: un debate conxunto por seccións e outro sobre o articulado da lei de orzamentos ·    A elección dos novos senadores permitirá que a Comunidade galega estea representada na sesión constitutiva da nova Cámara Alta o 13 de xaneiro ·    O Parlamento galego acollerá ao longo do mes de decembro, coincidindo coa convocatoria de eleccións xerais, a celebración de 10 mesas de comisión, 24 comisións e catro sesións plenarias e catro días Santiago, 15 de decembro de 2015.- O Parlamento galego acollerá o vindeiro martes 22 e mércores 23 de decembro a celebración de tres sesións plenarias, dúas específicas e unha ordinaria. Nas específicas, se procederá ao debate e aprobación dos orzamentos da Xunta para 2016 e a elección dos tres novos senadores en representación da autonomía. Pola súa banda, na ordinaria, aprobaranse a Lei de medidas fiscais e administrativas e a Lei de transparencia e bo goberno, e inclúe tres preguntas ao…
O GRUPO POPULAR APROBA NO PARLAMENTO, CO VOTO EN CONTRA DE TODOS OS GRUPOS DA OPOSICIÓN, QUE A FACTURACIÓN ELÉCTRICA SE REALICE EN BASE A LECTURAS REAIS Santiago, 15 de decembro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Hipólito Fariñas criticou que os grupos da oposición rexeitaran apoiar a proposición de lei aprobada esta mañá no Parlamento a través da que demanda que a facturación eléctrica a realizar polo comercializador de referencia se faga en base a lecturas reais, tal e como se recolle na normativa vixente aprobada polo actual Goberno central. Fariñas lamentou que, “lonxe de apoiar esta iniciativa do Grupo Popular, os grupos da oposición demandaran a retirada dos reais decretos 1718/2012, do 28 de decembro, e 216/2014, do 28 de marzo, o que suporía volver á normativa vixente co Goberno socialista do ano 2009 e que foi anulada por unha sentenza do Tribunal Supremo”. CUMPRIMENTO DA SENTENZA “O Real Decreto 1718/2012 aprobado polo Goberno de Mariano Rajoy deu resposta á necesidade de revisar e unificar a normativa de regulación, así como dar cumprimento a esta sentenza do Tribunal Supremo”, sinalou o deputado popular. En concreto, este texto establece os requisitos que garanten a protección do usuario, mediante…
Ferrol, 15 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anima a votar e a non confiarse pese a que o PSOE demostrou coa súa actitude que está aínda máis débil do que xa parecía. O mandatario galego asistiu a un mitin en Ferrol no que estivo acompañado polo presidente local, José Manuel Rey, e do candidato número tres ao Congreso pola provincia de A Coruña, Juan Juncal. Alí Feijóo fixo referencia ao debate electoral celebrado onte entre os candidatos á presidencia do Goberno do PP e o PSOE, Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. Segundo as súas palabras, non debería sorprendernos que Sánchez se dedique ao insulto na única oportunidade que vai ter na súa curta vida política de mostrarse como unha opción de presidente do Goberno.  Feijóo dixo tamén que o contraste foi claro entre un Rajoy sólido, seguro e presidencial e un Pedro Sánchez maleducado e á desesperada. Malia isto, pediu non confiarse por esta diferenza abrumadora.  O presidente dixo que o debate tamén mostrou que os socialistas non van respectar ningún principio, recordando que xa entregaron os gobernos a Podemos e que farán o que sexa para que Pedro Sánchez teña un cargo.  DEBERSE…

Síguenos nas redes sociais