A Coruña, 5 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo acadar unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional en estabilidade e responsabilidade política. Así se expresaba na Xunta Directiva do PP de A Coruña, onde tamén estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo.Durante a súa intervención, o dirixente afirmou que os populares buscan máis que os demais partidos en Galicia e mais do que calquera outra forza acadou no resto de España. “Buscamos unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo singular e continúe sendo unha excepción de estabilidade, de responsabilidade, de sentido común, solidariedade, avance e interese xeral”, insistiu.
Alberto Núñez Feijóo avanzou hoxe a aprobación dunha liña de axudas para apoiar a cobertura dos medicamentos das familias con dificultades económicas e con menores de 16 anos a cargo. A dita medida permitirá desenvolver conxuntamente cos concellos un programa a través do cal se concederán axudas de ata o 40% dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta vai promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico.
Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe a posta en marcha do Programa Ignicia, unha iniciativa pioneira que estará dotada con 7 millóns de euros ata 2020, para apoiar o acceso ao mercado de 30 proxectos de investigadores galegos.
Boqueixón, 3 de agosto de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares galegos póñense o obxectivo dunha maioría excepcional, posto que cre que hai ilusión e motivación para vencer. Así se expresaba o dirixente durante a Xunta Directiva do partido celebrada esta mañá en Boqueixón. Malia ser conscientes de que unha maioría estable é unha excepción en España, o presidente indicou que teñen argumentos, feitos e razóns para pedirlla aos galegos, xa que a nosa comunidade tamén foi e é unha excepción de estabilidade, responsabilidade, solidariedade, sentido común, e polo que todos xuntos fixemos.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, compareceu hoxe en rolda de prensa para facer unha valoración da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia para o vindeiro 25 de setembro.
Santiago de Compostela, 01 de agosto de 2016.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte encontros coa veciñanza dos concellos ourensáns de Piñor e San Cristovo de Cea. Feijóo trasladou ata estes dous concellos da comarca do Carballiño o seu banco azul, o ‘Faladoiro’ dende o que está a conversar de ti a ti con ducias de galegos e galegas a través da xira ‘A Galicia que ti queres’.

Síguenos nas redes sociais