Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu hoxe unha rolda de prensa trala reunión do Comité Electoral do Partido Popular de Galicia, presidido por Alfonso Villares.
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá ás persoas que o partido proporá ao seu Comité Electoral como cabezas de lista do PPdeG nas próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro.
Vigo, 17 de agosto de 2016.- “Esta ha sido la legislatura de Vigo, en la que nuestra ciudad protagonizó 13 grandes acciones de gobierno de la Xunta que permitieron dar respuesta a diferentes demandas históricas”. Con estas palabras, el diputado vigués Javier Dorado ha resumido hoy la actuación del ejecutivo autonómico en la ciudad durante los últimos 4 años, motivo por el que ha apostado porque un “vecino vigués, Alberto Núñez Feijóo, continúe al frente del Gobierno gallego” hasta el 2020.
Ribeira, 17 de agosto de 2016.- A deputada autonómica Herminia Pouso asegurou esta mañá que o compromiso do goberno da Xunta coa comarca do Barbanza durante o último mandato é "claro, medible e cuantificable", un esforzo que, na súa opinión, permitiu "transformar" a comarca a nivel económico e social.
Ribadeo, 17 de agosto de 2016.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados da presidenta provincial dos populares lucenses Elena Candia fixeron esta mañá, en rolda de prensa, balance do que foi a actividade parlamentaria durante a lexislatura autonómica que vén de rematar e valoraron a actuación do Executivo autonómico en relación coa comarca da Mariña lucense. Desde o PP constatan que a nosa comarca “sae ganando con Feijóo no Goberno” e como proba disto deron un repaso polos distintos ámbitos salientando as melloras impulsadas nunha Lexislatura que cualificaron como “moi proveitosa para A Mariña”. Con todo, fuxindo do triunfalismo, indicaron que desde o PP seguirán traballando desde unha postura “esixente” a fin de impulsar, aproveitando o novo momento económico, os compromisos pendentes “e facelo en beneficio dos nosos veciños” “Ninguén pode negar que atopámonos nunha Galicia mellor que hai catro anos e que, ademais, está mellor para máis xente”, e iso a pesar de tocou xestionar un momento económico “extremadamente complicado” en todo o país. “Sen lugar a dúbidas ter un goberno estable, cun presidente con experiencia de xestión, que coñece a realidade e se compromete e esforza en mellorala, axuda moito. Axuda a…
A Coruña, 16 de agosto de 2016.- O deputado autonómico Gonzalo Trenor defendeu esta mañá que outra maioría de Alberto Núñez Feijóo é a “única alternativa para impedir que o desgoberno que impera na cidade da Coruña se traslade ao resto de Galicia”.
Carballo, 16 de agosto de 2016.- Os deputados autonómicos, Aurelio Núñez e Ambrosio Oróns, defenderon esta mañá que a Costa da Morte é hoxe unha comarca con “mellores servizos e infraestruturas” que hai catro anos grazas ao “firme compromiso” do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
O Barco de Valdeorras, 13 de xullo de 2016.- Os deputados do Grupo Popular Moisés Blanco e Miguel Santalices fixeron hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Valdeorras destacando que a “lexislatura foi altamente positiva para Valdeorras onde os asuntos principais que afectan aos nosos veciños e veciñas estiveron presentes no Parlamento e na política da Xunta de Galicia”.
Lugo, 16 de agosto de 2016.- Os deputados populares da comarca de Lugo salientan que “se Lugo é hoxe unha comarca aínda mellor para vivir é, sen dúbida, grazas ao compromiso político de Núñez Feijoo e o seu goberno”.

Síguenos nas redes sociais