Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a consolidación da Tarxeta Benvida, cunha achega inicial de 18 millóns en 2017 para incluír máis produtos e ampliar os beneficiarios.
Santiago, 22 de decembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar a creación dunha consulta especializada de enfermería oncolóxica no Hospital da Costa de Burela. O obxectivo é que este servizo complemente a prestación asistencial do novo hospital de día de oncohematoloxía posto en marcha na pasada lexislatura e que está a contribuír dun modo altamente eficaz á mellora da atención, tratamento e calidade de vida dos enfermos de cancro. A deputada popular Encarna Amigo afirmou que esta consulta de enfermería oncolóxica no Hospital de Burela permitiría “seguir mellorando e complementando” o hospital de día de oncohematoloxía posto en marcha en novembro de 2014. En concreto, dixo que “hoxe existen dúas enfermeiras que atenden este servizo e o que queremos é reforzalo cunha enfermeira máis especializada na atención deste tipo de doentes, onde a sensibilidade e a transmisión de información específica é fundamental”.   “A posta en marcha da consulta de enfermería oncolóxica permitirá que os doentes conten cun persoal encargado de explicarlles os coidados que teñen que seguir, os efectos dos tratamentos e as fórmulas para palialos e, en xeral,…
Santiago, 22 de decembro de 2016.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe que “coa partida xenérica do Sergas para centros de saúde poderase facer fronte ao custo que suporía a licitación do proxecto do novo centro de saúde de Cangas”. Neste sentido, sinalou que “o Sergas traballará nos vindeiros meses para definir, conforme ás necesidades asistenciais do concello de Cangas, os requirimentos deste novo centro de saúde e no momento que haxa acordo entre todas as partes procederase á licitación do proxecto definitivo para poder comezar a construción do novo centro de saúde”. Aurelio Núñez considerou “aconsellable unificar nun centro de saúde equidistante os servizos que se prestan no centro de saúde de Aldán e o consultorio de Hío, cunhas instalacións máis tecnificadas e actualizadas, e cunha mellor cobertura de persoal ao unificarse nunha única edificación”.   DISCREPANCIAS COS TERREOS   Porén, lembrou que “os terreos proporcionados en O Viso están a xerar discrepancias entre os veciños”, pero indicou que o Sergas procederá a definir o proxecto do novo centro que atenda as necesidades asistencias do concello de Cangas. “No momento que haxa acordo entre todas as partes, procederase á licitación do proxecto definitivo”,…
Santiago, 22 de decembro de 2016.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, salientou hoxe no Parlamento o incremento do 36 por cento das prazas públicas en residencias para maiores rexistrado na provincia de Ourense entre os anos 2009 e 2016. “Unha destas residencias é a de Cornuval, no concello do Carballiño, cen por cento pública, de titularidade pública da Xunta, que presta un servizo público e está financiada pola administración pública”, sinalou. Marta Rodríguez concretou que a Xunta de Galicia creou 334 novas prazas públicas en residencias para maiores de Ourense desde o ano 2009, ao pasar de 917 ás 1.251 actuais.   “Os compromisos se demostran con feitos, porque son as cifras e os orzamentos os que permiten prestar os servizos sociais ás persoas e abrir residencias e atender”, sinalou.   VISIONARIOS SOCIALISTAS   A portavoz popular cualificou ao PSOE de “visionarios, porque foron eles os que, a través da Lei de servizos sociais aprobada en tempos do bipartito, inventaron unha nova fórmula de xestión dos servizos públicos que permite ás administracións públicas prestar os servizos sociais de forma directa ou indirecta”.   Neste sentido, lembrou exemplos desta privatización socialista, como o servizo Xantar…
Santiago, 20 de decembro de 2016.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe no Parlamento que o actual Goberno da Deputación de Pontevedra, presidido por Carmela Silva, “é o máis irrelevante da historia” e dixo que “se o seu plan era demostrar a inutilidade das deputacións provinciais, teño que felicitala porque logrou o obxectivo”. Ademais, Pazos lembrou que este Goberno provincial conta con tres membros imputados por delitos relacionados coa corrupción. “A pesar de que a investigación avanzou e se desimputou a outras persoas, os membros do seu goberno continúan imputados e vostede segue sen tomar ningunha medida e sen dar explicacións aos cidadáns”, engadiu. Alberto Pazos afirmou que os orzamentos que a presidenta da Deputación de Pontevedra presentou hoxe no Parlamento “supoñen unha emenda á totalidade da proposta de novo goberno provincial que fixo nesta Cámara hai algo máis dun ano”.   INCREMENTO DOS FONDOS DE LIBRE DISPOSICIÓN   Así, concretou que “rompeu a promesa de desaparición dos fondos de libre disposición, aos que cualificaba de ilegais, clientelares e caciquís, porque antes da finalización do seu primeiro ano de goberno improvisou unha partida de libre disposición por contía superior a 1 millón de euros que distribuíu a…
Santiago, 20 de decembro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana solicitar ao Ministerio de Fomento a conexión de Lugo coa alta velocidade ferroviaria e que elabore unha planificación estratéxica que permita avanzar neste obxectivo de modo firme e constante, recollendo xa nos orzamentos de 2017 as partidas suficientes para avanzar na redacción dos proxectos construtivos. Así mesmo, demandará á Xunta que inicie a oferta rutineira da proba do VIH ás persoas entre 15 e 59 anos que vaian proceder a unha extracción de sangue no seu centro de saúde. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, reiterou que neste momento “Lugo é a única capital galega que queda fora dos enlaces ferroviarios de alta velocidade coa Meseta, polo que para o Partido Popular constitúe unha prioridade” acadar esta conexión.   MODERNIZACIÓN FERROVIARIA   En concreto, a proposición non de lei do Grupo Popular insiste na necesidade de acometer, no menor prazo de tempo posible, un proceso de modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, ao tempo que demanda unha priorización nos investimentos que garantan a modernización e faciliten a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria.   O Grupo Popular tamén defenderá…
Santiago, 20 de decembro de 2016.- O deputado do Grupo Popular César Fernández Gil asegurou esta tarde no Parlamento que os orzamentos da Deputación de Ourense para 2017 permiten “seguir camiñando na boa dirección e dando respostas ás necesidades que ten a sociedade da provincia de Ourense”. César Fernández indicou que o goberno da Deputación de Ourense ten “unha visión integral da provincia e amosa que existe proxecto político que cristaliza en plans e nun orzamento”. Neste sentido, lembrou que estas contas están aprobadas desde o pasado mes de setembro, “o que outorga certidume, planificación e seguridade para as entidades locais e os cidadáns”.   XESTIÓN SERIA E SOLVENTE   Estas orzamentos “amosan que existe unha xestión seria e solvente da Deputación de Ourense, poñendo a disposición dos ourensáns unha administración pública para mellorar os servizos que reciben”.   En concreto, o deputado popular sinalou que estes orzamentos “responden ao Plan de mandato Ourense 15-19, a través do que se reduciu a débeda desta administración desde o 116 por cento ao 25 por cento”.   Entre os proxectos estratéxicos que se levarán adiante, Fernández referiuse á aposta polo termalismo como eixo de desenvolvemento provincial; o plan de fomento do emprego…
Santiago, 20 de decembro de 2016.- O deputado do  Grupo Popular Daniel Vega puxo de relevo esta mañá no Parlamento que o presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, preside un goberno “en precario” e lembroulle que “está obrigado a pactar para que un ano máis os orzamentos do ente provincial non queden en fume”. Para evitar esta situación, Vega tendeu a man do PPdeG ao Goberno provincial en minoría, dun xeito responsable e tal e como fixeron na presente anualidade, para que sexa posible chegar a unhas contas de consenso que permitan resolver os problemas dos lucenses tamén no 2017.   Daniel Vega lembrou que Darío Campos “é o presidente con menos respaldo das catro deputacións galegas e o mais débil que se acorda na institución provincial”. “A pesar diso, segue aplicando a unilateralidade, carente de man esquerda, de diálogo e pouco interesado no funcionamento normal da institución”, dixo.    “Non podemos comprender a falta de diálogo do PSOE, pese a que presenta unhas contas que só defenderán, no mellor dos casos, 10 dos 25 deputados provinciais”, sinalou o deputado popular. Neste sentido, engadiu que “o único que nos queda claro é que vostede so chega a…
Santiago, 20 de decembro de 2016.- O deputado do Grupo Popular Aurelio Núñez Centeno cualificou hoxe os orzamentos da Deputación Provincial de A Coruña de “pouco ambiciosos, cómodos e conformistas”, que “cun descenso das partidas para o beneficio dos cidadáns pero en claro avance para o PSOE e BNG, os grupos políticos que manexan o organismo”. Así mesmo, criticou “a pouca vontade de diálogo” amosada polo goberno da Deputación, polo que demandou que “retomen o consenso e negocien co grupo maioritario do PP”. Aurelio Núñez explicou que as contas da Deputación de A Coruña para 2017 “conxeláronse, ao incrementarse unicamente o 0,52 por cento”. Nese sentido, considerou “curioso que os grupos da oposición vexan ridículo  un incremento dos orzamentos da Xunta do 3 por cento e vexan magnífico este incremento mínimo, pasota e pasivo na Deputación coruñesa”.   MENOS RECURSOS PARA OS CONCELLOS   “Gastan moito máis no goberno da Deputación e moito menos nas necesidades dos concellos”, sinalou o deputado popular. En concreto, lembrou que o capítulo de investimentos redúcese en  máis de 4,5 millóns de euros; as transferencias aos concellos en 762.000 euros; os gastos para conservación e mantemento de vías e obras provinciais en 1,6 millóns de…

Síguenos nas redes sociais