Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 19 de decembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que, unha vez rematen esta semana as comparecencias e se peche o prazo de presentación de emendas aos orzamentos da Comunidade galega para 2017, “iniciaremos un procedemento de negociación cos grupos da oposición que permita chegar a acordos e mellorar o documento orzamentario”. Pedro Puy iniciou a súa comparecencia ante os medios de comunicación trasladando, no nome do Grupo Popular, “a máis enérxica condena dos casos de violencia machista que aconteceron esta fin de semana”. Neste sentido, animou “a toda aquela persoa que coñeza casos de malos tratos, e en especial ás mulleres que os sofren, a traballar nas denuncias e na persecución deste tipo de accións absolutamente intolerables e inxustificables”.   Así mesmo, felicitou á nova Presidenta local do PP en Vigo, Elena Muñoz, que saíu elixida nun “congreso que serve para deixar ben claro que no noso partido os procesos de elección son absolutamente democráticos”. Puy lembrou que o  Grupo Popular conta con dúas deputadas de Vigo, Teresa Egerique e Marián García, ademais doutro deputado da área metropolitana viguesa, Alberto Pazos, o que demostra que se trata dunha zona “que nos preocupa e…
  Santiago, 17 de decembro de 2016.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento e á empresa Autopistas del Atlántico, S.A. (Audasa) que, no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se levan a cabo na entrada a Vigo, se proceda a cumprir co seu compromiso de instalar pantallas antirruído, naqueles puntos onde sexa necesario de acordo coa normativa vixente, e se adopten medidas paliativas que minimicen o impacto da autoestrada e melloren a compatibilidade desta infraestrutura coa contorna construída e co día a día dos veciños. O deputado popular Alberto Pazos considera necesario que “se adopten as medidas necesarias que palíen as molestias que a AP-9 lles ocasiona aos cidadáns”. Neste sentido, apunta que “este é o momento máis acaído, xusto cando se están a levar a cabo as obras de ampliación da capacidade da AP-9”.   COMPROMISO CON REDONDELA   Alberto Pazos lembra que Audasa “comprometeuse directamente co Concello de Redondela a realizar as actuacións paliativas necesarias para minimizar o impacto da infraestrutura ampliada, especialmente a contaminación acústica, que afecta especialmente aos veciños de Teis e de Chapela deste municipio”.  …
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que fixou a Conferencia de Presidentes autonómicos que se celebrará o próximo 17 de xaneiro como “unha das primeiras grandes citas políticas” do vindeiro 2017. “Agardamos un encontro produtivo entre iguais, nos que se dea un debate serio sobre as necesidades das nosas comunidades”, apuntou, para sinalar que agarda que os líderes autonómicos acudan ao encontro “con espírito construtivo, de diálogo e vontade de consenso”. “Estamos convencidos de que non será coma as dos tempos de Zapatero, que só servían para pasar a limpo o xa acordado con Cataluña”, lembrou. Tellado desexou que Galicia poida facer valer o seu peso político nesta reunión como nacionalidade histórica, a única que acudirá cun talante de aliado do Goberno Central, dado que nin Euskadi nin Catalunya se presentarán, e a presidenta andaluza “parece máis preocupada polas loitas internas do seu partido que polos problemas da sociedade”. Con todo, o secretario xeral subliñou que “somos aliados, pero non vasalos”, e recalcou que o presidente Feijóo se presentará en Madrid “non como un militante do Partido Popular, senón unicamente como militante de Galicia. Neste sentido, insistiu en que o líder…
Santiago, 15 de decembro de 2016.- A portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, propuxo esta tarde ao Fiscal Superior de Galicia, na súa comparecencia para presentar a Memoria da Fiscalía correspondente a 2015, a elaboración dun estudo, en colaboración con outros organismos públicos, sobre a influencia que poida ter a publicidade que se lle da aos casos de violencia de xénero na comisión de novos delitos.
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, do  Grupo Popular e apoiada por PSOE e BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia ao desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar servizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas.
  Santiago, 13 de decembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular, apoiada tamén polo Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta a crear unha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos que chegan a Compostela, que aglutine diferentes servizos do seu interese como entrada única nos museos, facilidades no transporte e descontos en actividades culturais, de ocio e restauración, en comercios e tendas de produtos galegos, de artesanía de Galicia e nos mercados de Abastos.   A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, lembrou que “os peregrinos son unha fonte de ingresos moi importantes para a economía galega e en especial para Santiago onde se deixaron no 2015 máis de 26 millóns de euros”. “A presenza dun número cada vez maior de peregrinos, especialmente internacionais, é una excepcional oportunidade para os diversos sectores que prestan servizos aos nosos visitantes”, sinalou.   Neste sentido, Romero explicou que esta nova tarxeta de fidelización do peregrino “aglutinaría os diferentes servizos aos que poden acceder, proporcionándolles unha atención diferenciada e de maior calidade e permitíndolles coñecer unha oferta que moitas veces pasa inadvertida”. “Ademais, redundaría nun incremento da súa estadía…
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe que tanto o Goberno galego como o PPdeG seguirán demandando a transferencia á Xunta da AP-9. Deste xeito, apoiou demandar ao Goberno central que non obstaculice a tramitación da proposición de lei aprobada por unanimidade na Cámara galega a través da que se demanda a transferencia desta autoestrada.
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, salientou hoxe, no debate no Parlamento dunha proposición non de lei sobre os libros de texto, que o Partido Popular “está máis por axudar a quen máis o necesita e non polo modelo de café para todos que defenden os grupos da oposición”.
  Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que os datos publicados onte polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que reflicten unha baixada do 49,4 por cento das execucións hipotecarias iniciadas en Galicia no terceiro trimestre de 2016, “son unha demostración de que a Xunta está a facer as cousas ben”.

Síguenos nas redes sociais