Santiago, 13 de decembro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, pediu “seriedade e rigor” á oposición para falar de emigración e lembroulle que moitas das peticións que realizan xa están sendo abordadas polo Goberno galego nos últimos anos.
  Santiago, 13 de decembro de 2016.- A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, animou hoxe aos responsables de En Marea a “sumar esforzos para ofrecer solucións ás familias” na loita contra a pobreza e a exclusión social. Neste sentido, demandou que “revisen o seu modelo social” e criticou que “veñan ao Parlamento sen ter coñecemento das políticas sociais da Xunta de Galicia”.
Santiago, 13 de decembro de 2016.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, reprochoulle hoxe á oposición o seu “cinismo” ao tratar de  lexislación laboral e emprego, “dado que por unha banda piden a derrogación da reforma laboral do Goberno central pero por outra, cando teñen ocasión, se acollen a esta reforma para facer axustes nas súas plantillas”.
  Santiago, 13 de decembro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a constitución dunha Comisión de Investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira da antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxectivo de rematar os traballos realizados na pasada IX lexislatura. “O obxectivo é chegar a conclusións razoables, sensatas e que expliquen que foi o que ocorreu co sistema financeiro galego”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
Santiago, 12 de decembro de 2016.- Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, tomarán mañá ao inicio do Pleno posesión dos seus escanos no Parlamento galego como novos deputados do Grupo Popular.
  Santiago, 3 de decembro de 2016.- O Grupo Popular solicitou a incorporación no vindeiro Pleno ordinario do debate para a creación dunha comisión de investigación sobre a evolución das caixas de aforro galegas, a súa transformación en bancos e as indemnizacións millonarias dos seus directivos co obxecto de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura.
  Santiago, 3 de decembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2017 permitirán “avanzar no crecemento sobre bases sans e sólidas, o que se traduce nunha maior capacidade de gasto, mellores dispoñibilidades económicas dos cidadáns a través das rebaixas impositivas e un incremento da política social”.
Santiago, 3 de decembro de 2016.- Con motivo da celebración do Día internacional das persoas con discapacidade, o Grupo Popular rexistrou hoxe unha proposición non de lei a través da que insta á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan de adaptación e supresión de barreiras arquitectónicas.
  Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe na Comisión 6ª a continuidade da tramitación da iniciativa lexislativa popular sobre pobreza enerxética, “aínda que este tipo de propostas lexislativas, a diferenza dos demais proxectos ou proposicións de lei, xa continúan a súa tramitación dunha lexislatura para outra, logo da modificación da lei realizada o pasado ano a iniciativa do PPdeG”, explicou o viceportavoz Miguel Tellado.

Síguenos nas redes sociais