Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular volveu amosar este venres na Comisión 6ª do Parlamento o seu compromiso firme co mantemento dos postos de traballo e a actividade industrial na empresa Ferroatlántica. O voceiro de Industria, Miguel Tellado, lembroulle aos grupos da oposición que hai un acordo en vigor acadado por unanimidade na Cámara a pasada lexislatura en relación á non segregación das actividades hidroeléctricas e ferroalixes das factorías de Cee e Dumbría. Malia iso, os populares accederon a votar a favor das propostas do BNG e En Marea, “para que non quede dúbida do noso posicionamento”.
  Santiago, 1 de decembro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a proposta do Grupo Popular, solicitar á Xunta que inicie un proceso de deseño e planificación de políticas de dinamización lingüística, coa implicación do conxunto da sociedade e de diferentes axentes, para fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade.
  Santiago, 1 de decembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, sinalou esta tarde no Parlamento que “é o momento de poñernos a traballar na busca dun consenso para acadar un pacto pola educación que prime os intereses dos alumnos por riba dos intereses políticos”.
Santiago, 1 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación por unanimidade na Comisión 2ª do Parlamento dunha proposición non de lei, impulsada polo PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central a continuación dos trámites administrativos e técnicos necesarios para afrontar a construción da coñecida como Saída Sur ferroviaria da cidade de Vigo, que implique o desvío do paso do tren polo centro do Porriño. Así mesmo, demándase que esta nova infraestrutura teña prestacións de alta velocidade e se coordine co goberno portugués.
“O lóxico é solicitar ao Goberno galego que vele polo cumprimento estrito da legalidade en materia ambiental”, dixo o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández O PPDEG ACUSA Á OPOSICIÓN DE PRETENDER QUE A XUNTA “COMETA UNHA ILEGALIDADE E PREVARIQUE PARALIZANDO POR CAPRICHO O CENTRO DE XESTIÓN AMBIENTAL DE LOUSAME·    Criticou que En Marea, PSOE e BNG queiran “paralizar a tramitación dun permiso dun xeito discrecional”   Santiago, 1 de decembro de 2016.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández, acusou hoxe aos grupos da oposición de “pretender que a Xunta cometa unha ilegalidade e prevarique ao paralizar por capricho” a autorización ambiental dun centro de xestión ambiental no concello coruñés de Lousame”. “O lóxico é solicitar ao Goberno galego, como defendemos na nosa emenda, que vele polo cumprimento estrito da legalidade vixente en materia ambiental durante toda a tramitación do procedemento”, apuntou.
  Santiago, 1 de decembro de 2016.- Con motivo da celebración hoxe do Día Mundial da Loita contra o Sida, o Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar a oferta rutineira da proba do VIH prevista no Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual 2015-2018 ás persoas de entre 15 e 59 anos, sexualmente activas, que vaian proceder a unha extracción de sangue no seu centro de saúde.

Síguenos nas redes sociais