Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

  Santiago, 27 de decembro de 2016.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, afirmou hoxe no Parlamento que a lingua “en ningún caso debe ser motivo de confrontación, de imposición ou de separación, senón de unión e de traballo conxunto”. “É o momento de traballar en serio por esa Galicia e esa lingua que todos queremos de maneira responsable”, subliñou referíndose aos grupos da oposición. “É absurdo seguir intentando convencer que o Partido Popular é o inimigo principal do noso idioma, porque ninguén entendería que o partido político maioritario en Galicia, nado en Galicia e onde a súa gran maioría de simpatizantes son galegofalantes, vai a ir en contra da súa propia natureza”, manifestou o portavoz popular.   APROPIACIÓN POLÍTICA   Deste xeito, engadiu que “en ningún caso imos a permitir a apropiación política por parte de ningún grupo dun elemento de identidade propio como é a nosa lingua”, indicou César Fernández, ante o que sinalou que “demonizarnos desa maneira é unha batalla perdida e á vista está despois dos resultados nas eleccións galegas do pasado 25 de setembro”. “Foron os galegos e galegas os que elixiron, tanto en 2009, como en 2012 e no 2016,…
Santiago, 27 de decembro de 2016.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe no Parlamento que “a modificación e actualización da Lei de prevención do consumo de alcohol en menores é un compromiso que figuraba no programa electoral do PPdeG, polo que imos instar ao Goberno a cumprilo”. Aurelio Núñez concretou que esta nova normativa incluirá a regulación do consumo na vía pública, a restrición efectiva do acceso de menores de idade ás bebidas alcohólicas e a desnormalización da tolerancia ao consumo.   CONSECUENCIAS NO FUTURO   “O abuso de alcohol non é un problema exclusivo dos menores, ou de mozos e mozas, pero si ten consecuencias para o seu desenvolvemento futuro moi superiores ás dos adultos a nivel de saúde, de estudos, de comportamentos, así como con consecuencias visibles e negativas para a súa saúde física, psíquica e social”, indicou.   Deste xeito, Núñez Centeno sinalou que “o consumo de alcohol en menores ten unha problemática propia e entidade suficiente para que mereza unha lei e unhas medidas diferenciadas”. “O consumo de alcohol en menores é un problema específico e moi importante, no que deben interactuar moitos ámbitos como a familia, a educación, a…
Santiago, 27 de decembro de 2016.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero cualificou hoxe no Parlamento a desigualdade salarial existente entre mulleres e homes como “unha das discriminacións máis inxustas que sufrimos as mulleres”. Deste xeito, o Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno instar á Xunta a convocar, por mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, a patronal e sindicatos para promover que na negociación colectiva de ámbito galego se considere como obxectivo a acadar en 2020 a igualdade salarial efectiva entre homes e mulleres, así como que o Goberno central promova unha Lei de igualdade retributiva entre homes e mulleres.   Cristina Romero afirmou que “a aposta deste Goberno para atallar esta discriminación que estamos a sufrir é firme” e lamentou “que se utilice a discriminación como escusa para formular outras cuestións xenéricas nas que o Goberno galego xa está a traballar”.   CALIDADE DE EMPREGO IGUALITARIO   “Estamos todos de acordo en que a máxima preocupación do Goberno sexa seguir impulsando a calidade do emprego dun xeito igualitario”, indicou a deputada popular. Neste sentido, apuntou que a Xunta aposta polo emprego feminino e a igualdade de xénero mantendo a discriminación positiva nas políticas activas de…
Santiago, 25 de decembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este domingo a mensaxe de Nadal da Súa Maxestade o Rei Felipe VI como “un discurso apegado á realidade social, política e económica do país”. “Compartimos enteiramente a diagnose do Xefe do Estado en canto á necesidade de consolidar a recuperación económica mediante a creación de máis emprego de mellor calidade”, subliñou, para destacar o “marcado carácter europeísta, e a súa reivindicación de valores como a tolerancia, o respecto e a importancia da familia na nosa sociedade”. 
Santiago, 26 de decembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe na inclusión no Pleno de mañá dunha proposición non de lei, a iniciativa do PPdeG, a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, para o que se demanda a inclusión de compromisos nos orzamentos de 2017.   A iniciativa defendida polo Grupo Popular ten como obxectivo insistir ante o Goberno central na necesidade de acometer, no menor prazo de tempo posible, un proceso de modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte. Ademais, demándase ao Ministerio de Fomento que priorice os investimentos que garantan a modernización e faciliten a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, de xeito que se garanta que os tempos de viaxe entre Lugo e Madrid se sitúen arredor das tres horas.   PROBA DO SIDA   O Grupo Popular tamén defenderá outra proposición non de lei a través da que se demanda á Consellería de Sanidade que inicie a oferta rutineira da proba do SIDA ás persoas de entre 15 a 59 años que vaian proceder a unha extracción de sangue no…
Santiago, 23 de decembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que celebrou que no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) do xoves se acordase que todas as Comunidades Autónomas conten co mesmo tope de déficit, en contraposición coa asimetría que propuña Cataluña ou algúns gobernos socialistas. 
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores de pensións non contributivas da Seguridade Social, no cal o Goberno galego investirá case 8,2 millóns de euros. Un complemento que, segundo precisou, chegará a arredor de 40.000 persoas, entre perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a ampliación ao gas natural das axudas contra a pobreza enerxética.

Síguenos nas redes sociais