Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia impulse un crecemento anual, progresivo e previsible da axuda ás ONGD’s galegas, tendo sempre como horizonte o 0,7 por cento do seu orzamento consolidado e cun incremento anual como mínimo do dobre do incremento do orzamento total consolidado da Xunta.
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular logo dunha transacción co BNG, demandar ao Goberno central a creación dun novo xulgado do social en Lugo, sempre que a criterio da Comisión Mixta entre o Tribunal Superior e a Xunta de Galicia se considere que existen as condicións obxectivas de necesidade para a súa posta en marcha. Ademais, solicitouse ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o nomeamento dun maxistrado de reforzo para os xulgados do social da provincia de Lugo.
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta de Galicia que convoque este ano unha nova orde de axudas que colabore coa importante labor que se está realizando polo asociacionismo veciñal en Galicia, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar estas entidades veciñais.
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o partido celebra que a política que está levando a cabo a Xunta e as preocupacións principais do goberno galego se estendan ao conxunto de España. “É unha mostra máis de que Galicia está a acertar tanto no diagnóstico das necesidades dos seus cidadáns como nas ferramentas para atender estas necesidades”, afirmou.
Santiago,  18 de xaneiro de 2017.- A viceportavoz e voceira de Igualdade do Grupo Popular, Paula Prado, indicou que existen sospeitas da “existencia dun fraude detrás do peche do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas“xa que se o servizo de asesoramento xurídico en Igualdade e atención psicolóxica as mulleres vítimas de violencia machista ten que realizarse a través dunha atención especializada como se viña facendo por unha avogada e unha psicóloga desde fai dez anos”
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a redactar as normas técnicas de planeamento que complementen ao regulamento da Lei do Solo, recentemente aprobado, como ferramenta ao servizo dos concellos.
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa lembrou hoxe no Parlamento que a Deputación de Ourense ten previsto realizar obras de acondicionamento da estrada OU-701, xunto coa que une Manzaneda con Trives, por importe de 120.000 euros. “Trátase dunha estrada competencia da Deputación e na que regularmente fai traballos de mantemento”, apuntou.
  Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Ministerio de Fomento e a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) para que, no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se están a realizar na entrada de Vigo, se proceda a cumprir co seu compromiso de instalar pantallas antirruído naqueles puntos onde sexa necesario de acordo á normativa vixente, adoptando medidas paliativas que minimicen o impacto da autoestrada e melloren a compatibilidade desta infraestrutura coa contorna construída e co día a día dos veciños.
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento, logo dunha transacción acordada co Grupo Socialista, a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar coas medidas de control e erradicación da Herba da Pamba, elaborando para o presente ano un plan de erradicación e control en toda a Comunidade galega. Así mesmo, demándase do Ministerio de Fomento o deseño dun plan de eliminación desta especie vexetal nas autoestradas de Galicia.

Síguenos nas redes sociais